TIC
Instruccións de acceso á Aula Virtual
Enviado por rceide o Lun, 02/11/2020 - 18:44Estimadas familias,
no día de hoxe enviámosvos as instruccións, nomes de usuario e contrasinais para o acceso á Aula Virtual.
En caso de confinamento dun alumno/a, peche dunha aula ou confinamento total, será a ferramenta de ensino que usaremos, a maiores do Edixgal que xa teñen implantado os alumnos/as de 5º e 6º, e parcialmente os de 4º.
Ante calquera dúbida ou problema, contactade con nós no email ceip.nogais@edu.xunta.gal.
Esperamos non ter que usala, pero de darse o caso, temos que estar preparados...
Unha aperta grande.
Reto: Non te esquezas do cole
Enviado por sal o Ven, 15/05/2020 - 15:12RETO: NON TE ESQUEZAS DO TEU COLE
As competencias STEM chegan para quedarse...
Enviado por sal o Xov, 30/05/2019 - 12:44O curso pasado comezábamos unha nova andaina: a introdución ás competencias STEM. No presente curso afianzamos ditas competencias do seguinte xeito:
-Continuaciónn do proxecto de introdución á robótica en Primaria nos cursos de 4º, 5º e 6º.
-Creación do seu propio videoxogo a través do programa Scratch.
-Adquisición dunha impresora 3D, Voladd.
-Plan de Formación Permanente do Profesorado en robótica e impresión 3D.
-Uso do programa Thinkercad para o deseño de pezas en 3D.
Inicíamonos na robótica...
Enviado por sal o Mér, 01/05/2019 - 22:29Continuando este curso có proxecto empezado o ano pasado "Iniciación á robótica en Primaria"...
Navega con rumbo
Enviado por sal o Mar, 06/11/2018 - 15:03O día 5 de novembro, acuidu ao noso centro, Manu. Este rapaz foi o encargado de impartir o programa "Navega con Rumbo", destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
A charla foi moi produtiva sobre todos os perigos que existen na rede hoxe en día e dunha serie de recomendacións para facilitar o uso das novas tecnoloxías con criterio.
Aprendo a programar con Scratch
Enviado por sal o Lun, 27/11/2017 - 15:11Vídeos tutoriais de Scratch
https://www.youtube.com/watch?v=6KLoqxzyEi4
https://www.youtube.com/watch?v=gUSN_REeQhQ
https://www.youtube.com/watch?v=jFyB76-I8sI
https://www.youtube.com/watch?v=6P9TAliB79Q
Como crear un xogo con Scratch
Preparad@s, list@s...ROBÓTICA!!
Enviado por sal o Sáb, 04/11/2017 - 17:29A finais do mes de outubro, a Consellería de Educación concedeunos o proxecto solicitado de robótica destinado para 4º, 5º e 6º de Primaria.
Despois dun día en Santiago, onde profesores e a alumnos de diferentes centros de Galicia puxeron en común as súas experiencias.