Iniciar sesión: Acceso

XOGADE: Bádminton Cervantes 2018

Xa temos o bo costume, de por estas datas, acudir ao CPI de San Román de Cervantes, coa finalidade de pasar un bo día entre todos os colexios da comarca dos Ancares (Cervantes, Navia, Pedrafita, Courel e As Nogais) e o bádminton como fío conductor de todo isto.

Un ano máis, Lucía Lombardía organizou as distintas competicións (niveis medio e baixo, tanto en individual coma en parellas). Antón e Jose Antonio xestionaron todos os trámites necesarios para facer posible este encontro (autobús, mutualidades...). O resto contribuímos có noso gran de area. Grazas a todos e todas.

A competición levouse a cabo no pavillón do CPI de Cervantes baixo un clima de exquisita deportividade e competitividade.

Así posaban ao remate da competición.

Os nenos e nenas das Nogais remataron encantados e cuns moi bos resultados.

Pero ningún resultado é mellor que pasalo ben facendo deporte e novas amizades.

Ata os profes animáronse a xogar un pouquiño...nesta foto Nogais e Cervantes vs Navia e Pedrafita coa arbitraxe do Courel. Pasámolo estupendo!

O CPI de Cervantes invitou a nenos e maiores a un copioso xantar antes de voltar cara casa.

Parabéns polo evento e que sega moitos anos máis!