Iniciar sesión: Acceso

Festival fin de curso

O xoves 21 de xuño celebramos o festival fin de curso no CEIP As Nogais.

Para comezar, o alumnado de 4º, 5º e 6º representou unha obra teatral de creación propia: "Clínica As Nogais".

Seguidamente, as nenas de 5º e 6º puxeron en práctica as súas dotes artísticas realizando un baile coa canción "Tu cintura".

 A continuación, chegaron momentos para a emoción...a proxección do lipdub sobre a Educación Emocional "No importa que llueva" e da presentación fotográfica sobre as 3 nenas de 6º que se marchan do colexio.

Os nenos de Infantil interpretaron a súa versión rock de "Me duele la cara de ser tan guapo", os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º realizaron un "Ritmo sabroso" e fixeron unha pequena homenaxe á banda sonora do Rei León, adaptando a letra ás prezadas vacacións.

Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º imitaron aos famosos "Mayumaná" pero cun toque moi especial...cubos, vasoiras, vasos de plástico, o propio corpo...foron o soporte para realizar diferentes ritmos.

Dar as grazas ao profesor de Música, Alfonso polo seu bo traballo durante todo o ano e de xeito especial, neste evento!

Para finalizar este día, procedeuse a entrega de agasallos para os nenos que remataron infantil, primaria, os mellores investigadores e os buscadores de palabras...

Dar as grazas a toda a comunidade educativa do CEIP As Nogais por facer posible este festival e por un bo traballo durante todo o curso escolar.

Unha aperta e bo verán.