Iniciar sesión: Acceso

Ata o próximo curso...

Aínda vai pouco tempo, cando comezábamos esta nova aindaina en setembro...e xa chegamos ao mes de xuño, e con el  a fin das clases e do curso 2017/2018. Esperamos que este tempo de lecer serva para xogar, desconectar, traballar un pouquiño e desfrutar do verán. De xeito especial, dicímoslles ata pronto a Zaira, Ainara e Daniela, que para o vindeiro ano comezarán outra etapa no Instituto de Becerreá. Moita sorte. Ata setembro...