Skip to Content

5 ANOS C

Iniciamos a nosa andadura.

Febreiro 2012


Unha vez aberta a web dinámica do noso centro anímome a introducir fotos de actividades elaboradas na aula. Non sempre terei tempo para envialas no momento de facelas pero de cando en vez comprométome a subilas. Aproveitade estas fotos para falar cos vosos fillos do que pasou nesas actividades, o que disfrutamos, o que aprendemos, que sentiron, o que queren explicarvos… facéndovos así partícipes da súa aprendizaxe.

PATRIMONIO INMATERIAL - A REFLEXIÓN PROVOCA UN DEBATE RADIOFÓNICO

A DISCUSIÓN CON EDUCACIÓN CREA COÑECEMENTO, ENLAZA IDEAS, PROVOCA NOVAS ACTIVIDADES PARA CONSEGUIR INFORMACIÓN.

SE CON OITO ANOS SON CAPACES DE ISTO! QUE BO PORVIR NOS ESPERA.

 BLOG VAGALUMES

Día do libro

   O día 23 de abril celébrase o día do libro. Este ano inventamos un conto para facer o noso libro de clase. Cando xa tiñamos pensado o texto, repartímolo e entre todos puxémonos a facer as ilustracións. Cada un fixo un debuxo referente ó texto que lle tocou. Espero que vos guste.

ANIVERSARIOS DO 2º TRIMESTRE

Celebramos os aniversarios dos nenos que cumpriron no 2º trimestre que foron: Mauro, Carlota, Javier, Icia, Maidelis e Nerea. Pásamolo moi ben e a tarta está cada vez mais rica.

 

Prantando árbores

Marzo 2012


A semana pasada saímos para plantar dúas árbores arredor do colexio. Sacamos pedras do burato onde iamos poñer a árbore e despois decoramos o contorno, pero os xardineiros debéronas de retirar para o mellor crecemento da planta. As nosas árbores están: un xusto detrás da portaría de futbol, con a tarxeta que sinala noso curso e o outro no paseo de madeira vosos fillos xa saben onde. Podedes acompañalos para velos.


Pinchade na foto para ver as seguintes. 


O noso xornal

MARZO 2012


Esta é a semana do xornal. En clase traballamos con xornais e despois fixemos unhas noticias do que pasou ou pasará no cole, na clase nos deportes e incluso no mundo. Algún fixo varias e outros fixeron unha entre varios pero todos estiveron moi pendentes de que non faltase ningunha letra, e pediron axuda aos seus compañeiros. Así entre todos faremos unha folla de xornal para o cole. Aquí podedes ver as noticias máis interesantes que escribimos.
Pulsar na foto para ver as seguintes.


O conto "Alba e o pirata Jack sen sombra"

MARZO 2012

Iníciome nesta páxina cos debuxos do conto “Alba e o pirata Jack sen sombra”. Como xa sabedes, polos vosos fillos, veu ó cole o pai de Mauro a contarnos un conto moi axeitado xa que estamos a traballar o tema da nosa vila". Mostrounos un percorrido por moitos sitios interesantes de Cedeira. Estivemos moi contentos e traballamos moitas cousas do conto, e gustaríame que virades algúns dos debuxos que fixemos e os diferentes finais que lle buscamos ó conto, tratando eso sí, que fose un final feliz, no que non fose necesario entrar en pelexas senón no diálogo. Aínda que non sempre conseguímolo.

Distribuir contido


by Dr. Radut