Skip to main content

BIBLIOTECA CREATIVA

RETO DE PESO - Biblioteca Inclusiva #biblioinclusiva #bescolaresgal

 

 

O voluntariado toma as rendas e leva adiante o obradoiro!

Que faríamos sen eles e elas?

Gracias rapazada!

  

POSTAIS DE NADAL - AMIG@ INVISIBLE #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Proposta obradoiros de postais.

Hai que poñer moito amor e creatividade.

O destinatario será calquera amig@ do centro.

Estas son algunhas fotos das creacións.

Artistas!! Felices Festas!


OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal.

Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.

 

ANUNCIO NADAL CO COMERCIO LOCAL

O alumnado de 2º de Primaria (Esquíos, Duendes e Vagalumes) xúntanse para promocionar

o Comercio Local, o da nosa vila. Así deseñan un anuncio de Nadal para convencer da importancia

de mercar na vila, pretiño, con persoas de confianza ás que vemos tódolos días e sabemos que

se preocuparán por cumprir os nosos desexos. Por elas e eles, o anuncio de nadal:

No Nadal merca no Comercio Local!

 

 

As tendas nas que estamos a diario son importantes para a sostibilidade do planeta.

Apostar polo comercio local é sinónimo de posicionarse firmemente do lado da sostibilidade:

do consumo responsable, da conservación do territorio, de velar polo medio ambiente. 

Por iso, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2.030) aos que máis

contribúe o Comercio Local son os relacionados co cambio climático. O Comercio Local contribúe

de xeito decisivo na diminución da pegada de carbono que deixa cada persoa.

Cando o consumidor merca no seu barrio, na súa vila, é moi probable que o faga a pe,

reducindo as emisións que proveñen de distintos medios de transporte e diminúe de maneira

clara sobre o medio ambiente.

 

O Comercio Local tamén axuda a loitar contra a desertización rural, xa que a supervivencia

destes comercios nunha vila pequena coma a nosa, permiten que teñamos os produtos e servizos

de primeira necesidade.

 

O obxectivo de loitar por unha produción e consumo responsables constitúe a esencia do Comercio Local,

xa que o mercar "preto" favorece a substitución do "mercar e tirar" pola de "encher e reparar".

 

Ademáis, o Comercio Local fomenta a actividade emprendedora de pequenas/os empresarias/os e autónomas/os

e xera moitos empregos, cumprindo así outro ODS sobre a loita polo traballo decente e o crecemento económico.

 

 

PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA

Nos Patios Vivos lévanse a cabo diferentes obradoiros e tamén moito xogo libre.

Nestas últimas semanas, dous obradoiros tiveron unha repercusión maior. 

Un deles o realizaron na zona de cociña e auga, onde pelaron e picaron cenouras.

Logo inventaron as receitas máis fantásticas con anaquiños e algunhas herbas da horta.

O que para o alumnado era un xogo tiña un obxectivo moi claro, mellorar a motricidade fina de cara á escritura no alumnado de 1º de primaria.

Outro dos obradoiros foi o de construcción, con pezas de madeira con forma de triángulos,

rectángulos e cadrados que poden dar lugar a diversas edificacións, mundos imaxinarios.

A rapazada non defraudo, crearon e difrutaron e xurdiron as coleccións por arte de maxia.

Usaron a lóxica, traballaron conceptos espaciais, leis de física e melloraron as súas habilidades motrices.

Para eles foi xogar, para nós preparalos para a vida.

Mergullándonos no museo

 


A relación có entorno que rodea ao centro de escolar é algo de suma importancia e, as veces, xorden oportunidades marabillosas nas que un espazo da vila abre as súas portas para ofrecernos participar nunhas das súas actividades! Neste caso, dende o Museo 
Mares de Cedeira argallaron unha xornada para traballar con nós mariñeiros, que disfrutará todo o alumnado do cole (repartidos nos seus respectivos grupos para seguir así a normativa COVID). 

Esta actividade complementa a outras que forman parte da nosa biblioteca creativa (coma cociña, costura...) e que axudan a desenvolver aprendizaxes útiles e funcionais mediante a manipulación e experimentación! E ademáis, logo puideron observar e investigar libremente polo museo descubrindo verdadeiros tesouros! Hoxe foi o turno das aulas de 4 anos que o pasaron en grande demostrando que se manexaban moi ben entre cabos e algúns hasta tiveron tempo de sacar fotos moi mariñeiras!!

 

 

DÍA DO LIBRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS - CREACIÓN DUN CÓMIC

O alumnado de 1º crea un cómic coa aplicación Canva.

Tras unha conversa grupal do que desexan contar, escollen as fotografías que fan referencia á xeografía da nosa vila.

Posteriormente, en pequenos grupos van avanzando na aventura.

Durante a semana anterior á escrita fanse dúas pequenas reunións con toda a rapazada para escoitar as súas opinións e telas en conta.

O alumnado avanza na escrita ao seu ritmo, uns con escritura libre total e outros con apoios.

Afondan no mundo do cómic: onomatopeyas, diálogos, bocadillos...

Aquí a súa creación!

 

Orange and Green Dogs 2 Panel Comic Strip by M

Bodyplanet. Aprendendo sobre o corpo humano

Xa empeza a encherse a biblio de alumnado de novo... Nesta ocasión, a clase de 2º de Primaria empregou o Bodyplanet que forma parte da Biblioteca creativa para traballar sobre o corpo humano dun forma moi amena a través da realidade aumentada! O pasaron en grande!

 

 

 

A NOVA VIAXE DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

A introducción da actividade de hoxe semella un novo capítulo do conto recén publicado. Pois a decir verdade, viaxe o que se dí viaxe entendido como o movemento dun lugar a outro podería ser. E todo isto por arte de maxia da nosa biblioteca escolar e a vosa axuda, por suposto. Entre todos imos facer que Percebiño viaxe por todos os sitios que se vos ocurran. 

Preguntarédesvos como. Aquí vai a explicación da proposta de hoxe:

 

1. O primeiro que temos que facer é proporcionarlle ao noso percebe favorito un medio de transporte, que polo que podemos supoñer, no que máis lle presta viaxar pode ser un barco.

Xa temos o primeiro paso: construír un barco de papel.

 

2. Cando teñamos o barco feito, metemos nel a Percebiño, e facémoslle unha foto. 

 

3. O último paso pode ser o máis complicado: decidir onde imos mandar a Percebiño.

Premede na imaxe para comezar a tarefa. Se precisades axuda, podedes acceder ao vídeo titorial que atoparedes un pouco máis abaixo.

Ao entrar dádelle a EDITAR.

 

 

 TITORIAL GOOGLE MY MAPS:

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

Distribuir contido