Skip to main content

STEAM

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada! #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas

Un mércores calquera na hora do recreo isto estaría a acontecer...

E isto voltará a suceder, pero polo momento, imos facer unhas propostas para reciclar, facendo manualidades dende a casa.

 1º- Quebracabezas con vasos ou tapas: Dálles cor ás tapas, rolos de papel hixiénico,

vasos de iogur ou outro material de refugallo, monta 2 taboleiros coas 3 cores que escollas… e toca enredar un pouco. 

É unha proposta de Olga Patiño Abeixón.

2º "Orig Melra" Poesía e origami da man de Victor Rodríguez.

No tempo de botar o liño,
agachado na silveira,
canta o melro melriño
a vida da Primaveira.

Se chove, chove amodiño
sobor da flor das cerdeiras.
¡E o melro, melro, melriño
canta de moitas maneiras!

Poema de: Manuel María (Terra Chá, 1954)

Música: “Brincadeira” de Begoña Riobó e Xosé Liz

Ambas publicacións de Aulas Galegas.

Podedes compartir as vosas creacións a través de:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Voluntariado Obradoiro de manualidades - #euquedonacasa

Hoxe, na hora do recreo, tocaba Obradoiro de manualidades con reciclados, da man de:

Lucía, Lara, Aloe, Carol, Lucía Rodríguez e Alex.

Dende a biblioteca ofertamos as seguintes propostas para quen desexe seguir co obradoiro dende a súa casiña.

Algo fácil e motivador: realizar un arco da vella con revistas que peguemos nun papel.

Poñer unha mensaxe positiva, por exemplo: Todo vai saír ben! Cando estea seco, pegalo na ventá da casa.

Outras opción de deseños con reciclados:

Con botellas de plástico

Manualidades diversas

Con diversos materiais

Podedes animar con todos os vosos modelos nas ventás das

casas e se vos apetece, mandar unha foto a través dos seguintes enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

 

 

 

Obradoiro de manualidades! En mans da rapazada!

O alumnado empodérase e continúa deseñando obradoiros.

Neste caso as artes e o steam son a base da actividade.


Realízano dende o comezo, sen saltarse ningunha fase.

Xúntanse e definen que levará a actividade, realizan unha lista dos materiais necesarios (será a base de reciclados),

deseñan o cartaz para promocionar o obradoiro,

fan unhas táboas para que se apunte o alumnado e na data sinalada levan a cabo o obradoiro.


Como sempre, ocorren cousas que hai que contar; estas grandísimas persoas non só fixeron todo este traballo, e por certo moi ben realizado, senón que comezan o obradoiro e escoitas a un deles consultar en cal lingua levarán o obradoiro.

Conversan e axiña, sen dubidar, din: - en galego.

- Nenas, nenos, todos falamos en galego (coméntanlles aos participantes no obradoiro).

Un pracer de rapazada!

Rosalía de Castro

Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da

Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer.

Parabéns rapazada!

RECICREA!

Exposición dos traballos do noso alumnado para o Recicrea.

Agora viaxarán para a exposición no Ies Punta Candieira e a posterior decisión do xurado.

Moita sorte a todas e todos!

 

Aprender a investigar en 4º

O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads

para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc.

A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan.

A motivación está asegurada.

 

Obradoiro "Deseña o teu contedor de plástico"

O alunado está rematando as súas creacións para participar no RECICREA.

Ampliouse o prazo de entrega das maquetas e debuxos ata o xoves 5 de marzo.

 

 

 

OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN

NESTE CURSO ESCOLAR, O VOLUNTARIADO FIXO UNHA PROPOSTA DE DESEÑO, ELABORACIÓN E REALIZACIÓN DE OBRADOIROS.

ESTAMOS CONVENCIDOS DE QUE ESTE TIPO DE RESPONSABILIDADES SON UNHA APOSTA CLARA PARA MEDRAR E MADURAR. ASÍ QUE O EQUIPO DE BIBLIOTECA DEULLE PARA ADIANTE Á INICIATIVA DOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS.

A FALTA DE DOCUMENTACIÓN NA FASE DE ELABORACIÓN DOS OBRADOIROS NON NOS PERMITIU PUBLICAR OS ANTERIORES, PERO O QUE AGORA SE AMOSA NON É O PRIMEIRO NIN SERÁ O ÚLTIMO.

HAI QUE TER PRESENTE AS DIFICULTADES NA POSTA EN MARCHA DUN OBRADOIRO, ESTE ALUNADO TIVO QUE SENTAR E POÑERSE DE ACORDO NO QUE REALIZAR, FACER BOCEXOS E PROBAS PARA CONTROLAR OS TEMPOS, FACER LISTADOS DE MATERIAIS NECESARIOS, PREPARAR CARTACES PARA PUBLICITALO E CADROS DE APUNTAMENTOS PARA AS NENAS E NENOS AOS QUE ÍA DIRIXIDO O OBRADOIRO E XA CONVOCADO LEVALO Á PRÁCTICA.

ESTAS SON AS EVIDENCIAS DO SEU TRABALLO.


NESTA OCASIÓN, ANDREA, UXÍA E LARA, SORPRENDÉRONOS CUN OBRADOIRO DE SAN VALENTÍN!


PARABÉNS RAPAZAS!

RECREOS NA BIBLIO!

O VOLUNTARIADO ACOMPAÑA, GUÍA E ASESORA A TODO O ALUNADO NOS RECREO DA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA.

PARABÉNS RAPAZADA!

A VOSA LABOR É FANTÁSTICA!!

STEAM OBRADOIRO "Argalla a túa letra"

Neste primeiro trimestre, no Espazo Argalleiro, mantivemos un obradoiro semanal para traballar a nosa competencia STEAM. O alumnado de primaria argallou con cravos e madeira o deseño da letra inicial do seu nome, tendo presente o libro escrito por Pablo Otero, "ABC diario".

Este obradoiro xurdiu tras a asistencia ás Xornadas de Biblioteca Creativa que leva a cabo a Asesoria de Biblioteca Escolares de Galicia e nas que gozamos dun obradoiro de creación co mencionado ilustrador.

Agradecer a José Antonio García a madeira de soporte para este taller.

SAÍDA DO VOLUNTARIADO A FERROL

O ALUMNADO VOLUNTARIO DE 5º E 6º DESPRAZOUSE ATA FERROL PARA REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA VIDA DA BIBLIOTECA.

- VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE FERROL

- COMPRA DE FONDOS EN DIVERSAS LIBRERÍAS

- OBRADOIRO DE REALIDADE AUMENTADA NO CIS DE A CABANA.

UN PRACER DE VOLUNTARIADO!!

 

 

OBRADOIRO DE MEDO - STEAM

RECICLAR E REUTILIZAR 3º C

O alumnado de 3º C comprometido co medio ambiente crea murais reciclados.

ROBOTS MIND DESING

ESTE É O RESULTADO FINAL DOS MURAIS E DAS POESÍAS QUE DERON DE SI OS MIND DESING CO ALUMNADO DE  2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

PARABÉNS RAPAZADA!!



 

BIBLIOTECA CREATIVA

UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE. UN LUGAR PARA A COOPERACIÓN QUE BRINDA DIFERENTES OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE, DE EXPRESIÓN E DE CREATIVIDADE. UNHA BIBLIOTECA PARA TODAS E TODOS QUE CONTRIBÚE Á INCLUSIÓN.

ROBÓTICA CON DOC

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC.

PARABÉNS!



 

MIND DESIGNER

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA TRABALLA NO ESPAZO ARGALLEIRO CO MIND DESIGNER.

MÁQUINAS E PASO DO TEMPO

O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA APROVEITOU OS CONTIDOS DE C. NATURAIS E SOCIAIS PARA TRABALLAR COS ROBOTS DO ESPAZO ARGALLEIRO.

CO ROBOT MIND DESIGNER FIXERON UNHA CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS E MURAIS DE ANIMAIS E PAISAXES EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS E ARTIFICIAIS.

REALIZARON DIFERENTES PROXECTOS SOBRE AS CREACIÓN DE MÁQUINAS CON LEGO WEDO E OS IPADS.

TRABALLARON O PASO DO TEMPO, AS MEDIDAS DOS MESES CO MIND DESIGNER.

PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS!

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA.



LEGO WEDO

O ALUMNADO DE 3º CONTINÚA A SÚA FORMACIÓN EN LEGO WEGO NO ESPAZO ARGALLEIRO.

 

ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

ALGO ESTAMOS FACENDO BEN! ENTRAR NUNHA DAS NOSAS SALAS DE BIBLIOTECA E VER A CATRO PEQUENAS DE 1º DE E.P. NO MEDIO DUNHA CONVERSA...

- OS RATOS QUE COMEN?

- QUEIXO

- E BECHOS? UN ANACO DE FILETE?

- NON SEI...

- MIRAMOS NUN LIBRO?

ALÓ VAN, CARA A ESTANTERÍA E PREGUNTAN...

- PROFE, COMO BUSCO?

- POIS, NACEN DE OVOS OU DO VENTRE DA NAI, PORQUE ENTÓN EN MAMÍFEROS...

-SI, MAMÍFEROS!

IRENE COLLE O LIBRO E AS CATRO BUSCAN. ATOPAN RATA E VARIOS APARTADOS, UN DA ALIMENTACIÓN. POÑEN O RATO QUE RECORTARON EN TEA ENRIBA DO LIBRO, XUNTO Á INFORMACIÓN. ENSÍNANME O LIBRO QUE ESTÁN CREANDO, SON RECORTES EN TEA DE ANIMAIS COS NOMES E A SÚA FORMA DE ALIMENTACIÓN. OUTRA DEBUXOU UNHA TABLETA, SEICA QUE PARA FACER QUE BUSCA A INFORMACIÓN NA INTERNET. XA SABEN QUE É OUTRO RECURSO AO SEU ALCANCE. SABEN ONDE BUSCAR E ONDE ATOPAR.

O NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE CUN USO AO 100%. ESTAS COUSAS OCORREN ASÍ, PORQUE A MOTIVACIÓN DE ESAS NENAS É ALTA E PORQUE OS MATERIAIS ESTÁN DA SÚA MAN. PODEN PEDIR AXUDA E COLABORAN PARA ACADAR O ÉXITO.

UN ORGULLO PARA A NOSA BIBLIOTECA O ALUMNADO QUE DISFRUTAMOS.



Distribuir contido