Skip to main content

INAUGURACIÓN

BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA"

Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar;

xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!!

Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados:

pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo

(o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...)

e pola tarde o cole encheuse de familias.

E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista

CARLOS LABRAÑA

a quen só lle podemos dar as GRAZAS.

                                   

 

                        

 LA VOZ DE GALICIA

FERROL 360

CONCELLO DE CEDEIRA

 Fotos: Andrés Brañas

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O vindeiro martes, 3 de maio, inauguraremos a nosa biblioteca escolar co nome "Carlos Labraña".

Durante esta xornada o propio autor estará con nós e todo o alumnado terá ocasión de saudalo ao longo da mañá.

E pola tarde acompañaranos tamén na Feira dos Libros, actividade aberta a todos e todas que nos queiran visitar.

Lembrade que comeza ás 17 h.

Despois (ás 18 h) poderemos desfrutar da representación teatral da obra de Carlos Labraña

"O galo de Portugal camiño de Compostela", a cargo do alumnado de 1º curso de Educación Primaria.

Agardámosvos!!!

Distribuir contido