Entroido

MANDATOS DO ENTROIDO

MANDATOS DO MECO

MANDATOS DO MECO

 

O luns o calzado removerás

un tenis de cada cor traerás

 

Unha gravata traerás os martes

e así todos os nenos estarán elegantes

 

Se o mércores frío non queres pasar

cun pixama ben quentiño virás

 

O xoves terás que traer todo o anterior

se o Entroido queres celebrar con nós.

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no colexio o día do Entroido e como é tradición percorrimos as rúas de Cedeira acompañados polos veciños e familias da nosa vila. Neste curso escolar, o tema no que xiran todas as actividades a nivel de centro son os xogos olímpicos. Os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria representaron a países do mundo cós seus deportistas olímpicos e os abandeirados.

Dende o centro queremos dar as grazas a toda a xente que colaborou có colexio para que este día tan especial fora posible. En primeiro lugar recoñecer a labor dos mestres que fixeron un traballo espectacular e ao alumnado que participou na elaboración dos disfraces, cun comportamento exemplar no pasarrúas. Tamén agradecer ás familias que colaboraron na elaboración dos disfraces e aos que axudaron no desfile. Por último, dar as gracias tamén a policia local e protección civil que sempre están dispoñibles para nós, ao Concello de Cedeira, á Charanga Compostela Band, ao Grupo Chilava que animou a festa ao chegar ao centro, aos axudantes de fotografía e grabación de video (Seiji e Miguel Blanco), aos mestres en prácticas Manuel e Mario (Percebín) que nos axudaron moitísimo, a María que sempre está aí e a Rocío Pérez que, xunto coa nosa directora, fixeron o disfraz de Percebín. GRAZAS A TODOS!!!

ENTROIDO 2015

Este ano, tivemos que organizar o Entroido Escolar dentro do centro, xa que as condicións meteorolóxicas foron adversas. O tema elexido foi "estilos musicais". Dende o centro queremos dar as gracias:

  • Ao Concello, por prestarnos o escenario e as vallas.
  • A protección civil, por axudarnos na seguridade.
  • Ás familias, pola súa actitude positiva e participativa durante o desfile, que facilitou moito unha boa organización. e tamén a todos e todas os que nos axudaron a facer os disfraces.
  • Ao alumnado do centro, que tivo un comportamento exemplar.
  • Ao noso equipo docente polo gran traballo neste Entroido.
  • A Rebeca Garrote e María, pola axuda e apoio de xeito voluntario.
  • Á charanga MekaniKa, pola animación e profesionalidade que mostraron durante toda a xornada.

VIDEO DO ENTROIDO

Xa temos dispoñible o video do desfile do Entroido do Ceip Nicolas del Río. Queremos agradecer dende o colexio a aportación do pai de Lucía Blanco Hermida de "5 anos A", por pasarnos o video. Preme na imaxe.

 

 

O DÍA DO ENTROIDO

O Venres chegou o día do desfile de Entroido do Ceip Nicolás del Río. O vento foi o responsable de facer un percorrido máis curto para evitar cruzar as pontes. A pesar de que as condicións climatolóxicas non deixaron lucir moito o desfile, polo menos puidemos sair e non nos choveu neses intres. Non foi esta semana especialmente alegre na nosa Vila e no Colexio, pero a pesar de todo intentamos disfrutalo logo de todo o traballo feito polos alumnos/as, mestres e coa colaboración de moitos pais e nais que dende aquí lles damos mil gracias. Tamén queremos agradecer a axuda das mestres de prácticas Eva e María, e a Jose Antonio, Magda e Andy que nos acompañaron formando o grupo de música xunto con varios alumnos e a mestre Carmen Lorenzo. Preme na imaxe para ver as fotos que iremos poñendo.

 

O ENTROIDO

Mañá venres 28 de febreiro, ás 12:30 horas, se a climatoloxía o permite, celebraremos o Entroido co tradicional desfile polas rúas da nosa Vila. Este ano o tema dos disfraces é o Entroido Galego:

  • Educación Infantil: "As Pantallas de Xinzo de Limia".
  • 1º ciclo de Educación Primaria: "Os Peliqueiros de Laza".
  • 2º ciclo de Educación Primaria: "Os Vergalleiros de Sarreaus".
  • 3º ciclo de Educación Primaria: "Os Espantallos de Bembrive".

CHEGOU O ANTROIDO!!!

Para celebrar o Entroido e fartar de rir

os mandatos do Antroidiño debes cumplir

  • Luns: trae algo no pescozo (garabato, pano, babeiro....)
  • Martes: algo no pescozo máis algo pintado na cara (bigote, barba....)
  • Mércores: algo no pescozo, algo pintado e ademáis, algo na cabeza (pano, sombreiro....)
  • Xoves: algo no pescozo, algo pintado, algo na cabeza e un zapato distinto en cada pé.
  • Venres: disfrazarémonos cos traxes realizados na escola para saír ó pasacalles.

DIVÍRTETE NO ANTROIDO!!!

Distribuir contido