Samaín

SAMAÍN/HALLOWEEN

SAMAÍN 2014

O Venres 30 de outubro celebramos o Samaín no colexio con diferentes actividades e unha gran festa final. Preme nos enlaces para ver os videos resumo das actividades do Samaín. Este enlace borrouse por unhas horas por razóns axenas ao noso centro, debido a operacións de mantemento na Xunta, pero xa o voltamos a colgar na nosa web. Grazas.

CABAZAS DE SAMAÍN

Cada clase do cole tallou unha cabaza, para a bibloteca oscura, cunha candea no interior.  Todas as clases do cole fixeron unha breve visita.


 

CHEGARON AS AVISIÓNS AO COLE!!!

As avisións do Samaín

visitaron as clases do cole

para cantar unhas cancións

tradicionais do Samaín...

Preme na imaxe para ver

como o fixeron na clase de

2ºA.

PORTAS TERRORÍFICAS!!!

Co motivo destas datas, organizamos unha actividade para Samaín e Halloween, na que as portas de cada aula podían ser decoradas para ser as máis terroríficas do cole. A participación por parte do alumnado e do profesorado de todos os niveis educativos foi moi positiva e aínda que as portas dan moito medo, os nenos e nenas disfrutaron moito coa actividade. Preme na foto para ver as imaxes da actividade.

Distribuir contido