Skip to main content

SAN ANDRÉS " De festas pola vila!"

Este proxecto intercentros e interniveis nace das Bibliotecas Escolares de Cedeira e será levado a cabo por dúas aulas: unha de primaria de 2ºA e outra de Antropoloxía de 1º de Bacherelato.

O obxectivo é artellar un calendario como eixo vertebrador para situar as festas máis representativas da vila e a partir del estudar as estacións, os meses, os días...

Baixo o amparo do currículo que destaca a transmisión do noso patrimonio artístico e cultural imos tecendo redes de colaboración e participación das familias e difetentes axentes sociais.

Nesta primeira festa de San Andrés temos que agradecer a Jorge Bellón, un artesán de pés a cabeza!