Skip to main content

Gran actuación de "daboapipa" no Auditorio Municipal

O grupo "daboapipa" actuou, o xoves 20 de novembro, co motivo do "DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA", no Auditorio de Cedeira para todo o alumnado do Ceip Nicolás del Río. A actividade organizada pola A.N.P.A Picapeixe e o Ceip Nicolás del Río tivo unha moi boa acollida por parte do alumnado. Dende o centro, destacamos o excelente comportamento do noso alumnado durante toda a actividade, o agradecemento a policía local e ao Concello de Cedeira e a calidade e profesionalidade do grupo "daboapipa" que nos deixou gratamente sorprendidos coa actuación.