Enviado por PERCEBÍN LECTOR o Xov, 28/05/2020 - 23:51
A proposta de hoxe vén da man das profes de 5 anos.
Coñecedes este xogo?
Parécese moito á zoadeira de botón.
É un xoguete que consiste nun disco con dúas imaxes diferentes, unha por cada lado.
Ao facelo xirar, as imaxes mestúranse e aparece o movemento.
Chámase taumatropo, e pode considerarse un dos inicios do cine.
O cine… a séptima arte…
Hoxe, amigos e amigas… vai de cine.
Gustaríanos, coma sempre,
transmitirvos unha mensaxe nestes días que empezamos a saír á rúa,
e decidimos facelo tal que así:
Hoxe podedes escoller entre dúas actividades:
- Facer un taumatropo.
- Crear a vosa película de cine mudo.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com