Skip to main content

LETRAS GALEGAS 2.016 - MANUEL MARÍA

"SÚPER - REFRANERO" DO ALUMNADO DE 5º (LINGUA CASTELÁ)

 

O GALO DE PORTUGAL CAMIÑO DE COMPOSTELA

SOLIDARIEDADE NA BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA

A SOLIDARIEDADE INUNDOU O IES PUNTA CANDIEIRA CUN "MERCADILLO" SOLIDARIO A PROL DOS REFUXIADOS, ACTIVIDADE PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA E QUE TIVO UNHA GRAN ACOLLIDA.

RECIBIRON MOITÍSIMAS DOAZÓNS DE LIBROS E PELÍCULAS, XOGOS...

E AQUELAS DESTINADAS A UN PÚBLICO MÁIS INFANTIL DECIDIRON ACHEGALAS Á NOSA BIBLIOTECA.

MOITAS GRAZAS!

E NORABOA!!!

APRENDENDO CIENCIA NA NOSA BIBLIOTECA

NA NOSA BIBLIOTECA APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS.

NESTA OCASIÓN VISITOUNOS ANDRÉS (o papá de Irene) PARA AMOSARNOS COMO FUNCIONAN OS IMÁNS E DEIXARNOS TOCAR, PROBAR, EXPERIMENTAR...

O ALUMNADO DE 4 ANOS VISITOU A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL

O VENRES VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL, ONDE POIDEMOS DESFRUTAR DUNHA CONTACONTOS!

E, COMO NON, ESCOITAMOS A HISTORIA O BIGOTE DE MIMÍ, ESCRITA POR MANUEL MARÍA.

BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA"

Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar;

xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!!

Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados:

pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo

(o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...)

e pola tarde o cole encheuse de familias.

E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista

CARLOS LABRAÑA

a quen só lle podemos dar as GRAZAS.

                                   

 

                        

 LA VOZ DE GALICIA

FERROL 360

CONCELLO DE CEDEIRA

 Fotos: Andrés Brañas

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O vindeiro martes, 3 de maio, inauguraremos a nosa biblioteca escolar co nome "Carlos Labraña".

Durante esta xornada o propio autor estará con nós e todo o alumnado terá ocasión de saudalo ao longo da mañá.

E pola tarde acompañaranos tamén na Feira dos Libros, actividade aberta a todos e todas que nos queiran visitar.

Lembrade que comeza ás 17 h.

Despois (ás 18 h) poderemos desfrutar da representación teatral da obra de Carlos Labraña

"O galo de Portugal camiño de Compostela", a cargo do alumnado de 1º curso de Educación Primaria.

Agardámosvos!!!