Título | Resumo |
---|---|
OS VAGALUMES EN: "ESTRELA... FUGAZ?" DE CARLOS LABRAÑA #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Trinta e dous meses pasaron da montaxe desta obra tan peculiar, unha obra representada nun estado de alarma. Este venres 13 celebramos que o texto brillara.
Carlos Labraña está de parabéns e nós tamén, a súa obra está publicada. Non hai mellor momento para agradecer, agradecer ás familias e a esta promoción de Vagalumes
(agora xa en 1º da ESO) a súa infinita colaboración: aportando ideas, creando xuntos ás súas fillas e fillos atrezzo, disfraces, debuxos, grabando audios e facendo que todo isto viaxara polas canles necesarias para centralizar a información e poder facer unha edición da obra na que non nos podíamos xuntar. Agradecer a Diego Cheda, as súas ilustracións que dan vida ás personaxes. E por suposto, agradecer ao artífice de todo, Carlos Labraña, xa que son os seus textos os que proporcionan divertimento, aprendizaxe dramático e sobre todo temáticas controvertidas cheas de sensibilidade. Se quedastes sen ver a obra podes aproveitar agora.
Tamén podes coller as obras de Carlos Labraña na biblioteca e se queres tela en posesión xa está editada e a venda nas librerías da vila!
|
CLUB DE LECTURA "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Conversando dun interese común, a literatura. Compartindo historias, aventuras, viaxes imaxinarios, novos coñecementos... Fomentando futuros lectores e lectoras.
|
I RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 4 de febreiro, convocada a comunidade educativa e a veciñanza, tivemos o pracer de aprender paseando e escoitando nun entorno fermoso, o da praia da Madalena e cun día que nos ofreceu a súa mellor luz. Non era que esas plantas, aves, cunchas ou pisadas non estivesen antes, é que moitas veces a nosa actitude non nos permite ollar como se merece o mundo natural que nos arrodea. o noso espírito naturalista e medio ambiental. Unha abundante rapazada cos seus cadernos de campo (ferramenta básica) recolleu nomes científicos e datos que ilustrou con debuxiños. Un orgullo de pequenas e pequenos naturalistas! Observamos e fotografamos plantas invasoras, falamos do vendabal e do noroeste, da paisaxe dunar, dos loureiros, ollamos as dúas primeiras flores do inverno, saudounos unha garza, un bilurico bailón aledounos co seu incesante movemento e vimos o susto dunha águia peixeira ás gaivotas que descansaban na ría. Puidemos admirar o eider común que dende hai cinco anos vén pasar o inverno a Cedeira, unha das marabillas da ría e ollamos felgos que levan sobrevivindo 33 millóns de anos…falamos da Macaronesia. De certo aprendemos! Nun espazo no que convivimos todos habemos permitir que cada un teña o seu lugar e o seu dereito a vivir, ollando e respectando sempre, sen coller as floriñas que teñen o seu dereito a vivir ou sen espantar aos animais que descansan na nosa ría durante as súas longas viaxes.
o día 9 de marzo (data do natalicio do Padre Martín Sarmiento) ao naturalismo galego, proposta á que nos adherimos nós tamén e que habemos celebrar como se merece: APRENDENDO, NATURALMENTE!
|
EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
VOLUNTARIADO CON INICIATIVA #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As funcións do voluntariado son extensas, ter un grupo de alumnado con grandes dotes para a organización e colaboración fan que as tarefas parezan máis sinxelas (non que o sexan).
Elas e eles encargáronse de colocar os expositores con novos fondos para o proxecto de flora e fauna "Aprendendo, naturalmente!", a exposición de poesía para o Día de Rosalía, estiveron atentos aos obradoiros que se celebraron durante os recreos, colocaron na CDU, fixeron empréstito e devolución no Meiga, recolleron as enquisas sobre étimos, estiveron pendentes do alumnado que necesitou do seu asesoramento, do espazo argalleiro...
Sempre coa supervisión das mestras guías, que saben que estamos sempre para axudalos e acompañalos, pero tamén deixándoos facer. Agradecer o traballo desta mocidade que adica o seu tempo a compartilo cos demáis. Gracias rapazada!
|
BIBLIOTECA CREATIVA - FORMACIÓN PROFESORADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA ALUMNADO E PROFESORADO #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este venres 3 de marzo, o alumnado en xornada de mañá e o profesorado en xornada de tarde, gozou de formación en Biblioteca Creativa.
Realizouse un obradoiro de creación de monicreques. Primeiro aprenderon a manexar a voz e relaxarse para contar historias e posteriormente crearon un monicreque.
Para iso Ton Arenas, da compañía Mircromina, asesorou na creación e amosou como con materias reciclados, como o cartón, un pode crear títeres únicos e fantásticos aos que darlles un nome e crear, con eles, un guión para unha pequena representación.
Foi unha formación moi productiva, na que alumnado e profesorado, poderán guiar a outro alumnado na creación de máscaras, monicreques, disfraces...
|
RECICLAXE ACEITE USADO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Concello de Cedeira acaba de impartir unha xornada de sensibilización cara a reciclaxe do aceite usado ao alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Aprenderon como evitar que chegue o aceite ata o río e o dano que fai o aceite ás diversas especies que viven no mar. Proporcionáronlles tamén, un coador para facer o trasvase na casa e un folleto de diversos entornos ao redor do Río Condomiñas. Agora, só temos que comezar a reciclar!
|
ÉTIMOS DE AVES E PAXAROS - RADIO EXPERIMENTAL - RADIO VOZ #Radionabiblio #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A nosa biblioteca foi seleccionada para recibir a visita de Radio Voz. O alumnado de sexto recibe unha pequena charla formativa e posteriormente, gravamos un programa de Étimos de aves e paxaros. Programa enmarcado no proxecto "Aprendendo, naturalmente!" e emitido o 9 de marzo, Día do Naturalismo Galego, Día de Martín Sarmiento!
Quixemos alzar a nosa voz para facer valer a nosa lingua, a que falamos a diario, a das nosas avoas e avós e por suposto aprender moito das aves e paxariños, moitos deles que viven moitas aventuras nas súas migracións. Agora ides escoitar o producto final, pero este tipo de actividades conlevan un traballo laborioso.
Primeiro deseñouse en enviouse ás familias e coñecidos unha pequena folla de recollida de información, dos étimos de nove aves e da cultura popular referida a elas. O alumnado de sexto de primaria recolleu as entrevistas e fixo un cadro centralizando as aportacións que se fixeron de cada paxariño. Posteriormente, buscaron información sobre a apariencia, canto, costumes de cada un deles e a rexistraron. Con todos eses datos elabórase unha escaleta ao que se adobía con poesías, recitados, ditos, refráns sobre estas aves e tendo moi presente que estamos próximos á data de Rosalía de Castro e queremos adicarlle a súa Alborada. Todos os niveis do centro saen representados neste adobío, que xunto coas gravacións sobre étimos e características destes paxariños fan o programa de radio que agora ides escoitar. Será emitido por Radio Voz Ferrol, na frecuencia 105.4
Orgullo de cativada! Feliz Día do Naturalismo Galego! Parabéns Martín Sarmiento!
Engadimos a escaleta e a bibliografía, por se é de interese.
|
DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Durante esta semana as e os pequenos naturalistas conmemoraron o Día do Naturalismo e realizaron un un mini libro sobre a flora e a fauna da nosa contorna.
Agradecer a Rafael López Loureiro impulsor da iniciativa, ao que hoxe queremos darlle voz a través deste blog, na súa denuncia conxunta con outras asociacións sobre a planificación de parques eólicos mariños no sector noroccidental de Iberia e o que isto afectará as diferentes especies de aves mariñas que utilizan esta zona, así como das aves terrestres que o atravesan nas súas migracións. Para máis información podedes consultar algúns dos blogs: - Sociedade Galega de Historia Natural Agradecer á infancia a recollida da semente, estamos certos que ha agromar!
Engádese o mini libro en pdf para gozar quen o desexe do seu uso.
|
VOLUNTARIADO REUNIÓN CURTAMETRAXE #AMI #VoluntariadonaBE #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Despois do casting e diversas xuntanzas entre o equipo de bilblioteca e Alicia Freire Vera, celebramos unha reunión co alumnado voluntario que participará no casting.
Alicia dalles os parabéns, moi merecidos e faise un primeiro reparto de papeis. O alumnado expresa as súas opinións, é escoitado e validado. Recóllense as súas propostas e todos nos sentimos emocionados ante esta nova aventura.
|
CADERNO DESPREGABLE INTERACTIVO - NATURALMENTE, APRENDENDO! #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 4º de primaria leva investigando nos fondos da biblioteca e recollendo información oral das familias e xentes do pobo para elaborar
un caderno sobre os animais da nosa contorna.
Aquí podemos velos realizando a montaxe.
A mestra tivo a sorte de ver un niño con ovos de Píllara, que fotografiou e levou á escola para compartir e concienciar ao alumnado da necesidade de protexer esta especie, en perigo de extinción, que xusto agora está na posta. Hai que ter moito coidado que os cans non se acheguen,
pois van ulir os ovos e incluso poden comelos. Como bos naturalistas, esta rapazada concienciada difundirá a mensaxe.
|
ARRANCAMOS GRAVACIÓNS! #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comezan as gravacións con Alicia Freire Vera para realizar unha curtometraxe co alumnado voluntario de bilbioteca. Todas e todos os que desexaron apuntarse pasaron o casting. Agora tedes que estar atentos á data de gravacións. Tedes o listado na cortiza da biblioteca. Agradecemos puntualidade no lugar da filmación da escea. Esta experiencia está supervisada pola biblioteca escolar, enmárcase dentro dos ámbitos nos que compre incidir unha biblioteca LÍA, "Iniciar un programa de educación audivisual". Temos que agradecer esta posibliidade a Alicia Freire Vera, directora da curtametraxe e a todo un pobo que está colaborando con material, espazo e tempo para que isto sexa posible.
|
OBSERVACIÓN DA FAUNA E DA FLORA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de primeiro observa a fauna da contorna e inicia a creación dun caderno de campo. |
CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro.
Da gusto velos, canto poderío!
|
OBRADOIRO DE CIRCUÍTOS - BIBLIOTECA HUMANA - CEIP/FP #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Nesta ocasión foron Beatriz Macho e Andy Brañas, profesores da FP quen xunto cos seus alumnos e alumnas
sumáronse á Biblioteca Humana. Un grupo da rapazada de sexto achegouse ata o instituto para gozar dun obradoiro de circuítos. Sairon con dous taboeiros para
relacionar xéneros de cine con fotografías de películas. Un traballo que quedará exposto na Feira dos Libros e do que poderá gozar toda a comunidade educativa. Gracias rapazada e mestres!
|
CLUB DE LECTURAS "CHOCOLATE CON LIBROS" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Nunha nova xuntanza dun dos Club de lecturas comparten as súas experiencias lectoras: que dixo aquí, que che gustou máis, non me gustou nada que pasara, e esta palabra ti como a entendes?... Compartir e enriquecer o texto lido, saír da xuntanza entendendo máis e mellor. Na reunión tamén escolleron as novas lecturas: Que vienen los marcianos de David Fernández Sifres e Vampira de biblioteca de Ledicia Costas. Por suposto, uns bombóms fixeron aínda máis doce a xuntanza.
|
FLORA E FAUNA ÁLBUMS EN 3º #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3º recibe o álbum de cromos,
despois de realizar unha actividade do proxecto.
Así de ilusionados os vemos!
Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro,
o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
PLANTAMOS NA HORTA CON CHEMA DO COUZADOIRO #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º planta na horta acelgas, espinacas
e leitugas brancas e moradas. Teñen de axudante a un dos mellores,
Chema de Couzadoiro, que lles explica como manter sá a coilleita
e a eliminar os caracois da horta, sen matalos, por suposto.
|
OBRADOIRO DE RADIO - BIBLIOTECA HUMANA/POLOS CREATIVOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Un grupo de alumnado do sexto de primaría realizará un obradoiro de radio na Radio Escolar da Biblioteca do Ies Punta Candieira, con Paulo Vicente, outro dos voluntarios da nosa Biblioteca Humana e profesor do Ies.
|
CONTACONTOS - ROSANA, NAI DE CHLOE #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Nesta ocasión Rosana Quiza Casado foi a encargada de dramatizar a
historia de "Chloe un unicornio necesita tu ayuda".
Un conto personalizado que contou xunto á súa filla Chloe.
Moitas gracias por participar!
|
GRAVACIÓNS FILME ALICIA FREIRE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A semana pasada remataron as gravacións do filme que Alicia Freire está realizando co alumnado voluntario da biblioteca escolar. A rapazada está moi ilusionada coa rodaxe e con moitas ganas de ver o producto final. Un traballo árduo que Alicia Freire afronta día a día. Horas de gravacións, dedicación, repasando cada unha das tomas, escollendo cada segundo, estabilizando imaxes, cores, sons... de 53 navegantes. Non serán eles sós os protagonistas tamén veremos adultos. Xa queda menos para a estrea, estade moi pendentes ás próximas publicacións.
A Alicia Freire e ao seu Sherpa, Ares, gracias por tanto!
|
OS PARRULOS DE INÉS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Inés, xuntos cos seus pais, Verónica e Pablo fixeron un traballo
de investigación sobre os seus parruliños e o trouxeron para amosárnolo. Aprendemos como son os peteiros, as patas, as especies... e unha morea de cousas máis sobre os parruliños
de Inés. Unha aportación importante para o proxecto "Naturalmente, aprendendo!". Moitas gracias por vir e ensinarnos tanto sobre estas aves!
|
OBRADOIRO EPISTOLAR - FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego #AMI #aBEtenapalabra |
|
IMOS Á RADIO DO IES PUNTA CANDIEIRA E GRAVAMOS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Paulo Vicente, profesor do Ies Punta Candieira e membro da biblio do seu centro, participa na Biblioteca Humana/Polos Creativos.
Con el, un grupo de alumnado de sexto de primaria, acompañados do seu mestre Alex, realiza un obradoiro de radio para rapearlle a Rosalía. Unha actividade de expresión oral que aportou moitas outras cousas, pois tamén foi un novo achegamento a un espazo, no que en breves estará este alumnado. Gracias Paulo por participar e facelos pasar unhas horas incríbles!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »