Skip to main content

Outubro 2021

O alumnado ten a palabra!

E se onte falabamos do buzón de Percebiño, hoxe vos ensinamos unha nova iniciativa para promover que o alumnado forme parte activa da biblioteca e que saiban que eles e elas tamén teñen a palabra: creamos un buzón de suxerencias! Onde poden plasmar as súas ideas para talleres, solicitar libros que botan en falta... ou o que se lles ocorra, posto que a biblioteca é un espazo de toda a comunidade educativa e así se debe reflectir!

Ademais, dicir que foi unha labor na que tivemos unhas axudantas moi especiais: Blanca, Marina e Claudia! Que fixeron un traballo bárbaro!! Moitas grazas rapazas!!

 

Percebiño responde...

É algo coñecido por todos e todas que a Percebiño encántanlle as palabras, as boas historias... e por suposto, as cartas! Por iso, retomamos unha das dinámicas máis especiais: Cartas a Percebiño! É dicir, o lugar onde se xuntan inquedanzas, dúbidas, pequenas historias, anécdotas e moito mais... en formato escrito e cun destinatario moi especial: Percebiño.

Como vedes nas imaxes xa funciona a pleno rendimento e sabemos de algúns e algunhas que incluso tiveron xa carta de resposta! Asique para que vos animedes os que aínda non escribichedes... aquí vos deixamos os pasos!

 

 

E, por suposto, na escola toda actividade ten a súa razón de ser polo que deixamos adxunto a fundamentación pedagóxica.

Non esquezas facer un borrador e logo pasar a carta a limpo. Incluímos un modelo, pero tamén podes apuntarte ou pasar pola biblioteca para coller o formato de carta que máis che guste!

Analizando a publicidade! - SEMANA AMI

Posted in

Coa intención de facer ao noso alumnado crítico ante o

mercado de productos e a súa publicidade,

dende a BE Carlos Labraña, creamos un xogo na aplicación

Genially para que analicen e sexan máis conscientes

á hora de adquirir un producto.

Esta actividade está enmarcada dentro da Semana Mundial

da Alfabetización Mediática e Informacional proposta pola UNESCO.

 

Engadimos tamén enlace ao código PAOS (código de corregulación da publicidadede

alimentos e bebidas dirixido a menores, prevención da obesidade e da saúde).

 

DÍA DAS ESCRITORAS - INTERVIMOS O COLEXIO!

O 18 de outubro celébrase o Día das Escritoras.

Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar a súa labor,

para iso intervimos o centro cuns marcapáxinas realizados por todo

o alumnado e expostos á vista de toda a comunidade educativa.

Este é o resultado!

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, coa intención de crear un recurso

útil para o alumnado compartimos as recén estreadas ilustracións das mascotas da biblioteca,

dado que ata o de agora só estaban como debuxo na parede.

Agasallo que ven da man do ilustrador Diego Cheda, sempre disposto a colaborar.

 

Partindo destes debuxos créanse dous xogos para coñecer a estas personaxes mellor e

achegar ao alumnado á lectoescritura dun xeito motivador e divertido.

Podedes descargar os debuxos nos ficheiros adxuntos.

Deixade voar a imaxinación e construíde historias e monicreques. Sede artistas como Diego!


 

 

 

 

 

 

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Posted in

UN DOS MAIORES PATRIMONIOS É A FALA, A NOSA E A DA NOSA CONTORNA,

A DOS QUE VEÑEN E A DOS QUE QUIZAIS VISITAREMOS.

PALABRAS, A BASE DO ENTENDEMENTO!

DENDE AQUÍ O NOSO SAÚDO!

 


 

 

Descubrindo os segredos da biblio... - Formación Usuarios

 

O inicio de curso implica retomar a formación de usuarios que facemos anualmente na biblioteca xa que só con alumnado informado e coñecedor dunhas pautas básicas para "funcionar" pola biblio, podemos exprimirlle todo o seu beneficio a este espazo tan marabilloso que temos no cole.

 

Nesta ocasión, a formación abarcou dende 5 anos ata 6º de primaria polo que mentres con algúns grupos traballamos principalmente as normas básicas, outros profundizaron na CDU... Deste xeito, houbo varias modalidades de formacións atendendo aos diferentes niveis de coñecemento da biblio:

- As nenas e os nenos de 5 anos coñeceron a Percebiño, grazas a quén traballaron sobre as normas básicas da biblio, fixeron un pequeno xogo de pistas (có que reforzamos o coñecemento dos diferentes espazos) e iniciáronse no emprego dos marcadores e no buzón de Percebiño.

- A rapazada de 1º Primaria traballou cun Genially moi chulo sobre as normas básicas, o emprego dos recursos, a organización por tempos dalgúns materiais coma os iPads (para facilitar que todos e todas teñan posibilidade de acceso) ou o préstamo de materiais para a casa.

- Os grupos de 2º a 4º Primaria traballaron sobre os datos dos libros iniciándose ademáis no sistema de clasificación de idades recomendadas mediante cores e na CDU.

- E xa por último, os e as maiores de 5º e 6º Primaria profundizaron na CDU traballando sobre os tejuelos e aportaron suxestións para montar a mini biblio no patio do Areal (destinada ao tempo de lecer e atendida por alumnado voluntario) ademais de aportar ideas para o curso e colaborar na creación dun buzón de suxerencias.

 

A verdade é que todos os grupos fixeron un gran traballo asi que, para que os vexades en acción, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con imaxes recollidas durante as diferentes formacións!

 

 

 

Deixamos adxuntos os materiais empregados por se queredes botarlles unha ollada!

E unha pequena carta para as familias.