Skip to Content

REAPERTURA PLAZO ADMISIÓN ALUMNADO

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2020-21

 

Con data de hoxe, 6 de maio de 2020, publícase no DOG información importante para as familias que aínda non presentaron a solicitude de admisión dos seus/súas fillos/as en centros educativos.

No noso colexio afectaría ao alumnado que vai a entrar en 4º de Educación Infantil (3 anos) no vindeiro curso 2020-21.

Tamén teñen que telo en conta as familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que pasa a 1º da ESO.

O CENTRO ABRIRASE UNICAMENTE PARA A REALIZACIÓN DESTES TRÁMITES.

ACONSÉLLASE PEDIR CITA TELEFONICAMENTE.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

  • Formulario ED550B cuberto e asinado por ambos proxenitores (enlace)
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia DNI dos proxenitores (e do neno ou nena en caso de que o teña).
  • Volante de empadroamento.
  • Certificado médico.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • 3 fotografías
  • En caso de separación/divorcio, copia de sentencia na que conste custodia ou outras medidas de interese.

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obriga­toria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se de­clarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bachare­lato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

4. Publicación.

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se pu­blicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso.



story | by Dr. Radut