Skip to Content

blogue deAmparo

O PAPAGAIO

"O  PAPAGAIO"  DO MES DE XUÑO.

O  XORNAL  PARA NENOS E NENAS, QUE TEMOS NA BIBLIOTECA NO DÍA A DÍA.

 

O PAPAGAIO  é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual, e ao longo das 12 páxinas que o compoñen trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...
 
Os contidos das seccións están supervisados por especialistas na materia e ilustrados por diferentes
autores e autoras. 

 

O obxectivo do xornal é que as nenas e nenos se interesen pola ciencia, a ecoloxía, a historia ou a arte, entre outras, dunha forma amena e divertida.

MANUALIDADES

Mándovos un enlace dunha páxina de  MANUALIDADES  para que vos divirtades

estos días.

 

Seguramente temos moitas cousas pola casa que podemos reciclar. Todo o

que poidamos reutilizar, o medio ambiente váinolo agradecer!!!

 

Hai un montón de ideas e vedes a que máis vos agrade. Nos vos olvidedes de mandar

as vosas espectaculares creacións!!!

 

Desexo que vos guste, pasádeo moi ben!!!

heartUnha aperta enormeheart

 

https://www.pequeocio.com/manualidades-faciles-para-ninos/

 

 

 

 

ENQUISA FAMILIAS

OLA  FAMILIAS, MÁNDOVOS A ENQUISA, DA COMUNICACIÓN

QUE VOS ENVIEI A TRAVÉS DO CORREO ABALAR.

TEDES QUE CUBRILA, CO NOME DO NENO OU DA NENA, E  ENVIARMA

CANTO ANTES. 

DE NOVO, MOITAS GRAZAS FAMILIAS!!!! UNHA APERTA

NÚMEROS

Olaaaa! Imos facer hoxe, ou cando poidades, algo de

números.

Os números dende o 80 ao 90. Non dubidedes en pedirme

material do que vos resulte máis divertido

Moito ánimo!!!

Mil bicos

NICO

 

Así  toca Nico a guitarra,

moitas grazas Nico!! marabilloso.

Que importante é a música nas nosas vidas!heartheart

 

 

 

 

 

ROCÍO

 

Rocío e a súa irmá, comparten con nós

as súas dotes de pandereteiras.

Moitas grazas e que viva a música,

precioso amiguiñas!!!heartheart

 

 

 

LEIRE F.

Leire  ensínanos como se divirte

na súa piscina con tobogán.

Moitas grazas Leire, xenial!!!heartheart

 

 

ISIS

 

Isis  preséntanos as súas dotes de ximnasta.

Moitas grazas Isis, marabilloso!!heartheart

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut