Skip to Content

Admisión e matrícula

Admisión 2019-2020

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 1 ate o 20 de marzo.  

O dia 18 o centro estará pechado, por ser un dos días non lectivos escollidos polo centro e aprobados pola X. Territorial.

Adxuntamos:

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión.

Instruccións da Xefatura Territorial de A Coruña.

Lexislación aplicable no proceso de admisión.

  Aplicación Admisión Alumnado.

Anexo II: Solicitude Admisión.

Información sobre o centro e prazos. 

LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos as listas provisionais de admisión do alumnado para o curso 2018/19. Lembrade que o periodo de reclamación é de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación destas listaxes, é dicir, dende o día 25 de abril ata o día 2 de maio.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN (Art. 17 da Orde do 12 de marzo de 2013): do 23 de marzo ao 5 de abril de 2018 (ámbolos dous inclusive)

INSTRUCIÓNS SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos o documento sobre as instrucións a seguir no proceso de admisión de alumnado para o próximo curso académico 2018/19, no que se aclaran os seguintes apartados:

1. PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN E PRAZOS.

2. PRAZAS VACANTES E RESERVA PARA O ALUMNADO CON NEAE.

3. SOLICITUDES DE RESERVA DE PRAZA E DE ADMISIÓN.

4. FORMALIZACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN.

5. CENTROS DE ADSCRICIÓN E PRIORIDADE NA ÁREA DE ESCOLARIZACIÓN.

6. APLICACIÓN DOS CRITERIOS XERAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO.

7. FASE DE ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA DE POSTOS ESCOLARES.

8. EMPATE NA PUNTUACIÓN

Período de matrícula

 A matrícula para o alumnado de novo ingreso farase entre o 20 e o 30 do mes de xuño. A partir do 15 de xuño pódese recoller a documentación no colexio.

Listaxes definitivos de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería  Educación, Universidade e Formación Profesional  da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013)

Listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Adxúntanse as listaxes provisionais.

Estas listaxes, teñen un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o Consello Escolar no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. (Art. 30.3 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013) 

 

Prazo de presentación de documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo

Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para os cursos de 4º e 6º de Educación Infantil deberán presentar a documentación acreditativa para xustificar a alegación de baremo.

Deixamosvos no arquivo adxunto a documentación a presentar.

O prazo para presentala é dende o 25 de marzo ate o 5 abril de 2019.

Para as familias que teñen irmans matriculados no centro, a certificación do centro xa a temos realizada, só teredes que entregar para ese apartado a fotocopia do libro de familia.

Xornada de portas abertas

O vindeiro 18 de febreiro ás 17:00 terá lugar no colexio a Xornada de Portas Abertas para que as familias que estéan interesadas en solicitar praza no centro poidan coñecer como traballamos, ver as instalacións e solucionar posibles dúbidas. É aconsellable acudir sen os nenos/as.

RESOLUCIÓN DA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

Adxuntamos documento da resolución da comisión de escolarización para o curso 2018/19.

LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2018/19

Adxuntamos as listaxes definitivas de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2018/19. Lembrade que estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2018/19

Oferta de postos escolares do CEIP Plurilingüe “O Mosteirón” para o curso 2018/19:
 
 
Educación Infantil:
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS E PRAZO DE RESERVA PARA O CURSO 2018/19

O luns, 26 de febreiro, no CEIP Plurilingüe "O Mosteirón" celebrarase unha "xornada de portas abertas" para todas aquelas familias que desexen visitar o noso centro. A finalidade desta xornada é aportar toda a información posible sobre as instalacións, horarios, servizos complementarios, equipo docente... e todos aqueles aspectos que sexan do voso interese á hora de facer a reserva de praza.

Como docentes, sabemos que esta xornada é especialmente importante para as familias que van matricular aos seus fillos en 4º de Educación infantil, que, ademáis, tamén precisan información sobre  a documentación que teñen que entregar nos prazos de matrícula. Por iso, nesta entrada, deixamos uns documentos adxuntos que vos poden servir de axuda.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

Estas listaxes, teñen un carácter definitivo e poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña (Praza de Luis Seoane, s/n - 15071 A Coruña) no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.- (Art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 - DOG Núm. 53 do 15/03/2013)

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O CURSO 2017/18

De acordo co artigo 30 da Orde do 12 de Marzo de 2013 "3. As listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas deberán publicarse antes do día 25 de abril de cada ano, indicando expresamente que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publica‑ción, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados."

Adxúntase as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso. Contra esta lista provisional hai un prazo de 5 días hábiles para reclamar, finalizando este o martes 25 de Abril. Dado que a data de hoxe, 18 de abril celebrouse o consello escolar.

Distribuir contido


by Dr. Radut