Skip to Content

Información sobre o funcionamento do Comedor Escolar.

Para unha maior información sobre o funcionamento do comedor escolar, pódese descargar o Protocolo de Funcionamento Do Comedor Escolar, indicando que, dito comedor está  sendo xestionado polo IES o Mosteirón, sendo a responsable Emilia Calvete Liñares (contacto: 881.880.949)

Tamén se adxuntan as normas de que rexen a colaboración do comedor, puntualizando que, quen queira apuntarse para colaborar, de xeito altuista na colaboración do comedor, polo facelo na Secretaría do CEIP Plurilingüe O Mosteirón ate o 21 decembro. Así pois o horario de colaboración será dende as 14:00 ate as 15:20. Dito servizo terá unha compensación económica de 9, 39 eurs por día de asistencia efectiva ao comedor e xantar.

Todos os aspectos de comedor están regulados pola lexislación que se adxunta:

Decreto 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en educación. (Consultar).

Orde 21 de febreiro de 2007 polo que se regula a organización, o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación E Ordenación Universitaria (Consultar) 

Instrución 1 /2016, da Secretaría Xerla Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2016/17. (En adxunto)

AnexoTamaño
PROTOCOLO+DE+COMEDOR+ESCOLAR-4.13-09-16.pdf321.44 KB
normas comedor.pdf55.17 KB
instrucion_1-2016_comedores_xd.pdf2.51 MB


blog | by Dr. Radut