Skip to Content

Admisión curso 2023-2024

Infórmase que a partir do mércores día 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de alumnado ata o luns día 20 de marzo.

Documentación necesaria para o procedemento de admisión:

  • Anexo II (será facillitado gratuitamente na secretaria do centro) tamén estará disponible no seguinte enlace: ANEXO II
  • Copia do libro de familia.
  • Copia do DNI de ambos proxenitores.
  • No caso de separación ou divorcio, será necesario presentar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se é o caso.
  • Certificación académica (no caso de cambio de centro)

Para acceder á normativa que regula o procedemento de admisión preme aquí.

Outras datas de interese que regulan o procedemento de admisión:

1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación de solicitudes de admisión (novo alumnado ou alumnado que cambia de centro escolar)

21 de marzo ao 3 de abril

Presentación da documentación (soamente no caso de baremo)

 

Antes do 25 abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 15 maio

Publicación das listaxes definitivas.

20 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria.

23 ao 30 de xuño

Formalización matrícula en Educación Secundaria.

 

Ademais infórmase da vacantes para o vindeiro curso 2023-2024 

 

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2023-2024

CURSO

PRAZAS VACANTES

PRAZAS VACANTES PARA NEAE

4º Educación Infantil

25

3

5º Educación Infantil

14

 

6º Educación Infantil

15

 

1º E. Primaria

7

3

2º E. Primaria

17

 

3º E. Primaria

15

 

4º E. Primaria

13

 

5º E. Primaria

13

 

6º E. Primaria

3

 

 

 

Visita virtual ao noso cole

Se queredes facer unha visita virtual ao noso centro só tedes que premer na imaxe

 

Xornadas de portas abertas 2023

Reserva de praza no IES para o curso 2023/2024

                       

 

Instrucións para a reserva de praza no centro de adscrición, IES Illa de Ons, no noso caso

 

Do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro ábrese o prazo de reserva para o alumnado que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición ‘IES Illa de Ons’ para o curso escolar 2023/2024.

As solicitudes poden tramitarse a través da aplicación ADMISION ALUMNADO

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1.       Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

2.       Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica.

3.       Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

Podes consultar toda a información no seguinte enlace:  www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut