PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023
Prazo aberto do 1 ao 21 de marzo
PARA QUEN É?
- Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.
- O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo.
COMO SE FAI?
O alumnado interesado deberá entregar:
1 - O impreso ED550B cuberto, que poderá recoller na secretaría do noso centro. Este formulario tamén pode descargarse desde o seguinte enlace:
- Deberá estar asinada polo pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
- Tamén poderán cumprimentar a solicitude na aplicación http://www.edu.xunta.es/admisionalumnado e traer a solicitude impresa e o código.
- Outra opción é presentar a solicitude a través da sede electrónica da xunta, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.
2 - Fotocopia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)
3 - Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno (DNI ou libro de familia)
4 - Volante de empadroamento
5 - De ser o caso:
- Certificado do anterior centro onde cursou estudos
- Convenio regulador en caso de separación ou divorcio
CANDO SE PODE SOLICITAR?
O prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 21 de marzo (ambos inclusive).
PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2022/2023
Oferta de postos escolares |
|
3 anos – 4º Ed. Infantil |
22 + 3 NEAE |
4 anos – 5º Ed. Infantil |
15 |
5 anos – 6º Ed. Infantil |
6 |
1º Ed. Primaria |
13+3 NEAE |
2º Ed. Primaria |
15 |
3º Ed. Primaria |
12 |
4º Ed. Primaria |
13 |
5º Ed. Primaria |
4 |
6º Ed. Primaria |
9 |
Cada alumn@ só pode presentar únha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
· O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunícalo, ó mesmo tempo, ó centro de orixe
· O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NORMATIVA REGULADORA:
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
25 abril
Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación
DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:
15 maio
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación
PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:
20 ó 30 de xuño
SERVICIOS COMPLEMNTATARIOS QUE OFERTA O CENTRO:
- Plan madruga
- Comedor escolar
- Transporte escolar
- Ascensor
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ED550B-G-20222023.pdf | 1.31 MB |
ED550B-C-20222023.pdf | 1.32 MB |