PROXECTO ESCOLAR: CLIMA

Un ano máis e como terceiro desenvolvemento do proxecto  interanual COMPROMETIDOS COA TERRA  traballamos este curso  2016/17  o tema  CLIMA.

     Así temos instalada este ano unha  estación meteorolóxica  no patio , ao lado do parque infantil,   e un  termómetro de máximas e mínimas no patio cuberto.   

 

  Comezando …

   Situados no corredor da biblioteca , e como desenvolvemento da primeira parte do proxecto, temos  expostos estes  símbolos do tempo atmosférico, elaborados polos nosos  alumnos .

   Nun expositor central do andar primeiro do colexio temos unha serie de libros , seleccionados da biblioteca escolar, para que o  alumnado consulte e amplíe información  sobre ese tema.

   Estamos a traballar  tamén en  pluviómetros e anemómetros con material de reciclaxe, posiblemente fagamos algún dispositivo máis .

 

  .

 

 

 

 

 Medir o tempo atmosférico .

Para valorar o tempo atmosférico  temos que cuantificar algúns elementos concretos  nos que se manifesta : a temperatura , auga que cae , presión, a velocidade do vento…

 

   Caderno sobre dispositivos de medición  do tempo atmosférico.

 

 

   Construímos   dous pluviómetros  e un  anemómetro con materiais de reciclaxe.

 

 

Na nosa escola o tempo é medido e observado desde os cursos máis novos  de E. Infantil ata os maiores de Primaria.

AULA DE 3 ANOS : OBSERVAR E TOMAR NOTA DO TEMPO ATMOSFÉRICO

      Medir o tempo atmosférico : seguimos avanzando

   No terceiro ciclo tamén fomos comezando a andaina de  controlar e cuantificar elementos do tempo atmosférico . Así levamos  un tempo ( non moito) medindo e anotando unha serie de valores . Mediante o termómetro de máximas e mínimas do  patio cuberto e un barómetro-higrómetro situado nun  corredor do colexio e contando coa axuda dalgunha web especializada  no tema,  imos  tomando nota diaria de diferentes datos: temperatura ás 12.00 horas , máxima e  mínima do día , presión , precipitacións , humidade  e finalmente velocidade e dirección do vento . ( Estamos á expectativa de estrenar os nosos pluviómetros  de  material reciclado ) .

  Contamos con ir ampliando esta actividade  a un maior número de alumnos.

  PANEL CON DATOS RECOLLIDOS SOBRE O TEMPO.

 

  

Unha bonita  canción  do tempo atmosférico :  O  arco da  vella .

O noso refraneiro popular , tan vello como sabio ,  fala   así do arco da vella  .

  Arco da vella á tarde non vén de balde: se non trae chuvia, traerá aire  ( Nada  sae  gratis   e todo debe  ter consecuencias ).

Os nosos cantantes-artistas de 3º bríndannos  esta vella canción  inglesa  “ The rainbow”

Medicións atmosféricas : o método científico.

   Continuamos co noso traballo de medicións atmosféricas  e usamos o moi famoso , moi vello e moi simple tamén , método científico.  Isto   é ensaio-erro-acerto-ensaio-erro-acerto-ensaio…

   Así o  día 20, martes,  a iso das 11.30  aprox.   caeu  algo de chuvia  na  Coruña , e , como debe ser, tamén no noso  patio . Decidimos experimentar cos nosos pluviómetros de material de reciclaxe.   E comprobamos que choveu pouco : contabilizamos   80 centilitros (+-) en media hora .

 

Medicións atmosféricas : gráficos

 

Baseándonos nos datos recollidos no termómetro de máximas e mínimas e no higrómetro - barómetro que temos no colexio , así como nunha páxina web especializada , fixemos estes gráficos .

A recollida de datos foi feita sempre entre as 11.45 e as 12.05.

 

                                 

                                                            AS ESTACIÓNS DO ANO

Por que se producen as estacións ?

Unha páxina web interesante sobre os factores  astronómicos do clima.

CLIMATIC

 -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

                                                      O INVERNO            

Sobre a estación na que estamos agora  e os elementos culturais que a acompañan ( literatura , roupa, comida , paisaxes ,celebracións …)   é sobre o que  na   AULA DE 3º de primaria elaborarouse este  cartel .

 

 

Na  AULA DE 4 ANOS  observamos, verificamos e constatamos en táboas os fenómenos atmosféricos.

Fai click no gráfico

 

 

                                                                        ANTICICLÓNS E BORRASCAS

Sobre anticiclóns e borrascas  e algo de reciclaxe cun par de cartóns.

 

 

 

 

                                                         Chegou o "mal tempo" propio do mes de febreiro

       No comezo do mes de febreiro chegou o tempo propio na Coruña  . Non está mal que chova , é bo para a terra e estamos no tempo.

          Praia de Riazor.  3/02/2017                                                  

                            .

   

                                                       UN ENORME CARTEL :  O ARCO DA VELLA

                                

   Un cartel enorme sobre o arco da vella  á entrada da nosa biblioteca  .Veleiquí catro  exemplos do refraneiro popular sobre este elemento meteorolóxico

  Refrán galego : Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amencer

  Refrán portugués: Arco-da-velha ao sol-nado,  água antes de tirar o gado.

  Refrán castelán : Arco de San Juan por mañana, agua a la tardada. Arco

por la tarde, buen tiempo aguardes.

  Refrán italiano : Arco di mattina , riempie le mulina,  arco di sera , tempo rasserena.

                                        

                  O TEMPO  E  O  MAR NA COSTA GALEGA .              

                                                             

  

 

         Medicións atmosféricas : cambio de terzo.  

 

   A partir do día 6 de febreiro as medicións do tempo atmosférico  , o etiquetado do panel que está no corredor  e  o uso dos pluviómetros elaborados con material de reciclaxe  pasaron a ser desempeñadas  polo grupo de alumnos/as  de 6º  .

  Un grupo  de alumnos/as   de 5º compartiu con eles o primeiro día  para intercambiar información sobre o procedemento . Trátase dunha interesante experiencia  vinculada  ás  C. Naturais e  Sociais e de carácter evidentemente práctico  .      

                 

Interesante páxina web . 

          

 

           Anotar medicións atmosféricas e etiquetar o panel .

   Como non podía ser menos , os alumnos de 6º siguen realizando con marcada eficacia o interesante traballo de tomar nota das medicións atmosféricas e reflectilas nun panel . Os datos que non poden ser recabados cos aparatos operativos que hai no colexio ( velocidade e dirección do vento ) son obtidos pescudando no ordenador da nosa biblioteca escolar .

 

O traballo de sacar estas fotos , tamén con eficacia, foi obra dos seus compañeiros de 5º , Lucas e Jesús .

 

            Entroido atmosférico-climático: meteorolóxicamente interesante.

Chegada a festa do entroido, non tivemos ningunha dúbida sobre que elaborar os nosos antefaces de entroidos: elementos do clima.

 

 

                                   

                                              Arco da vella              

Unha alumna de 3º de PRIMARIA, curso  que  tan  ben  interpretou unha canción sobre o arco da vella na biblioteca escolar ,  nos ilustra  con este debuxo elaborado con témpera , sobre este interesante fenómeno meteorolóxico.

 

 

  Nós seguimos co refraneiro do arco da vella: 

Refrán galego: •    Arco raiante, o  boi para adiante: arco poñente colle o boi e vente .

Refrán castelán :  •  Arco iris por Levante, levanta el tiempo al instante; mas si lo ves por Poniente, coge los bueyes y vente

Refrán irlandés: If you want to see the rainbow, you must first endure the rain. ( Se queres ver o arco da vella , primeiro debes aturar coa chuvia )

Refrán inglés: Rainbow in the morning gives you fair warning. ( O arco da vella pola mañá dáche unha boa advertencia )

   Paneis   informativos  do seguimento do clima

dos alumnos da aula de  E. INFANTIL  DE 5

ANOS . 

 Proximamente veremos  o procedemento  de 

observación e constatación de datos deste aula .

 

 

 

 Sobre isotermas e isohietas e cun par de cartóns .

 

    Esta é a 2ª actividade   que  se realiza na aula de 5º de cartografía climática  ( “cartongrafía”  diríamos mellor ) . A 1ª versaba sobre  as borrascas , anticiclóns e liñas isóbaras nun mapa de Europa  . Estoutra  é sobre as liñas  isohietas e isotermas . Ambos traballos foron feitos en inglés  e en galego, e sempre sobre o mesmo  e común soporte  ,  que é , naturalmente ,  cartón reutilizado. Convén recordar aquí as tres erres ecolóxicas de

educación medioambiental: REDUCIR , REUTILIZAR E  RECICLAR. 

 

 Inés e Rocío trazan sobre a parte plastificada deste mapa de Europa  as liñas isotermas e isohietas .

 

       CLIMAS DE EUROPA

 

    Panel elaborado na aula de 6º  que trata  sobre  os

climas de Europa  .  O panel inclúe gráficos, táboas

de   datos, mapas , esquemas  e información

pormenorizada sobre os  diversos  aspectos que

conforman  cada dominio climático europeo.    

 

                                     

 

 

  MEDICIÓNS  METEOROLÓXICAS: ENRIQUECENDO O PROXECTO E REMATANDO  UNHA ACTIVIDADE.

   Na semana que  foi do 13 ao 17 de marzo os grupos de 3º e 4º   fixéronse cargo  de acadar  datos do clima (temperaturas máximas ,  mínimas e puntual   ; a presión atmosférica ,  a humidade  e a velocidade e dirección do vento)  e cumprimentalos nos paneis  correspondentes.

   A actividade foi compartida  cos seus compañeiros de 5º e 6º  respectivamente, que actuaron a xeito de  monitores e axudantes dos primeiros  .   Esta aprendizaxe  colaborativa  e  eficaz    foi , sen dúbida,   enriquecedora para todos os grupos .

  Rematamos así esta actividade  do  proxecto ( que non o proxecto CLIMA ). Parabéns a todos os participantes ! 

   Os de cuarto.

 

  

 

 Os de terceiro

 

 

 

DE INTERÉS :  estar nas nubes , estou nas nubes , estás nas

nubes,  está nas nubes, estades vós nas nubes , están nas nubes,

 

 se cadra estamos todos nas nubes...

 

 

 
Fotos de paisaxes e climas de Galicia

 

PÓSTER SOBRE O INVERNO:  AULA DE 5 ANOS

   Con diferentes detalles sobre o inverno e moita dedicación fíxose este cartel. A neve e un orixinal teleférico dominan o conxunto.

 

 

 

Dispositivos de medición atmosférica: Construción dun termómetro.
Na aula de 5º construímos un termómetro de alcohol e auga.
   Funcionou ? Por suposto que si.
A columna de alcohol e auga subía ou baixaba en función de que a temperatura subira  ou baixara.
Calibrámolo dunha maneira moi sinxela : As oscilacións de 1  grao  arriba ou abaixo , medidas nun
termómetro estandarizado   , coincidían  en 6 liñas aproximadamente de desplazamento da columna 
de alcohol e auga , observadas no gráfico do noso termómetro artesán.
   Vídeo do traballo realizado. 

                  

Chegou  a primavera ao  proxecto CLIMA do noso colexio .  Impresionante e interesante cartel elaborado con moito xeito, coma sempre ,  na aula de 3º e situado no corredor do 1º andar.   Todo  está presente  aquí : celebracións , roupas, conmemoracións, comidas, refráns …

 

                                 

 


                                   Climogramas . Aula de 4º              

 Os alumnos/as da aula de 4º desenvolveron un amplo traballo   práctico de elaboración  de climogramas  e mapas climáticos  de diversas partes do mundo.

   

 

 

      

           

 

                                Climas da Península Ibérica . Aula de 5º

  Na  aula de 5º  traballáronse os dominios climáticos da Península Ibérica : mapas,  gráficos pluviométricos  ,  de temperaturas  , vexetación  …  foron estudados de xeito sistemático  en C. Sociais  e transversalmente noutras  áreas como Matemáticas, C. Naturais , Galego , Castelán e Inglés.  Aquí está parte do traballo .

 

 

O CLIMA DE GALICIA. AULA DE 3º 

   Na aula de 3º de Primaria elaboráronse unhas fichas  detalladas sobre o clima de Galicia. 

 Fíxose fincapé nos distintos factores climáticos que afectan  as variedades climáticas

de Galicia, así como nos réximes de choivas e temperaturas de cada zona nas diferentes

estacións do ano.