try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Os nosos powerpoints

EXPOSICIÓN ETNOGRÁFICA

Canto cambiaron as cousas! Queriamos que os nosos alumnos/as  poideran comprobar e vivir como foi evolucionando todo. Recordamos aos nosos avos e avoas, os seus oficios, as ferramentas e aparellos que usaban, os seus días na escola... Destacar a extraordinaria colaboración dos pais/ nais para poder levar a cabo esta actividade. Se queredes,  podedes vir visitar esta pequena exposición (manterémola ata o 18 de xuño de 2010. Podes, tamén, ver as fotos en cor pulsando aquí 


ENTROIDO 2010

O 12 de febreiro de 2010 celebramos o Entroido no colexio. Tendo en conta a nosa participación no proxecto de Agrupacións Escolares, o tema elexido foi: "Traxes tradicionais" das comunidades autónomas participantes no proxecto. Os nenos/as de educación infantil desfilaron co traxe típico catalán, os do 1º e 2º ciclo de primaria co traxe galego e o 3º ciclo co traxe típico ibicenco. Podes ver máis fotos pulsando aquí


CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ _ XANEIRO 2010

O venres, 29 de xaneiro de 2010, celebramos o día da Paz. Entre as actividades máis salientables temos: un mural, sobre unha bandeira branca, co mapa mundi no se que investigou onde había guerras, as súas causas e posibles solucións. Fixemos catro globos aerostáticos para lanzar no pavillón, para conmemorar este día. Tamén houbo cancións, bailes, frases e contos relativos á paz, ,... Aquí tedes unha presentación do que fixemos. Se queredes ver máis fotos, pinchar aquí


NADAL 2009

NADAL 2009

Para este Nadal de 2009 fixemos un belén no que buscamos un punto de unión  entre as comunidades catalana, balear e galega. O motivo é que estamos traballando nun proxecto de agrupacións escolares con centros de Lleida e Ibiza. Pastores, casas e vexetación típica de cada comunidade está representada no belén. Podes ver todas a fotos tamén neste enlace: fotos


NADAL 2009

FELICITACIÓNS DE NADAL

Os nenos e nenas do Colexio Monseivane queren felicitarvos o Nadal. Para iso, fixeron estes powerpoints:

- Infantil

- 1º de Educación Primaria

- 2º de Educación Primaria

- 2º ciclo de Educación Primaria

- 5º de Educación Primaria

- 6º de Educación Primaria

O Magosto

 O MAGOSTO

Aquí podedes ver o powerpoint que fixeron os nenos e nenas de 2º de educación primaria sobre o Magosto.

 

LENDA DO DRAGÓN DE GALES

Aquí tedes  a lenda, en power point, do mítico dragón vermello de gales. Esta animación está feita cos traballos dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria do noso colexio. Para vela, pulsa aquí

A CHARCA DO ALLIGAL _ LENDA

Os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria fixeron un powerpoint sobre a lenda da charca do Alligal. Podes velo pulsando aquí

Distribuir contido