try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Agrupacións escolares

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ _ XANEIRO 2010

O venres, 29 de xaneiro de 2010, celebramos o día da Paz. Entre as actividades máis salientables temos: un mural, sobre unha bandeira branca, co mapa mundi no se que investigou onde había guerras, as súas causas e posibles solucións. Fixemos catro globos aerostáticos para lanzar no pavillón, para conmemorar este día. Tamén houbo cancións, bailes, frases e contos relativos á paz, ,... Aquí tedes unha presentación do que fixemos. Se queredes ver máis fotos, pinchar aquí


NADAL 2009

NADAL 2009

Para este Nadal de 2009 fixemos un belén no que buscamos un punto de unión  entre as comunidades catalana, balear e galega. O motivo é que estamos traballando nun proxecto de agrupacións escolares con centros de Lleida e Ibiza. Pastores, casas e vexetación típica de cada comunidade está representada no belén. Podes ver todas a fotos tamén neste enlace: fotos


AGRUPACIÓNS ESCOLARES _ VISITA A LLEIDA

Do 21 ao 24 de maio mestres/as do noso colexio e de Ibiza (CEIP Can Cantó) visitamos o centro de Lleida. Os tres centros estamos traballando nunha agrupación escolar que ten por título: "As tradicións populares a través das TIC". Poidemos coñecer e desfrutar dunha festa gastronómica típica de Lleida "L'Aplec del caragol". Destacar o excelente trato que recibimos dos compañeiros/as de Lleida. Podes ver as fotos pulsando  aquí

AGRUPACIÓNS

CELEBRAMOS O MAGOSTO E O HALLOWEEN _ SAMAÍN 

 O 30 de outubro celebramos o Halloween _ Samaín pola mañá e o Magosto pola tarde. Pasámolo moi ben e fixemos moitas fotos. Podes ver as fotos nos seguintes enlaces:

Magosto

Halloween _ Samaín

 VISITA AO CEIP CAN CANTÓ DE IBIZA

Do 24 ao 27 de setembro mestres/as do noso colexio e de Lleida (CEIP Sant Joan) visitamos o centro de Ibiza, CEIP Can Cantó. Os tres centros estamos traballando nunha agrupación escolar que ten por título: "As tradicións populares a través das TIC". Podes ver as fotos da visita a Ibiza pulsando aquí.  En maio de 2009 visitamos o centro de Lleida; podes ver as fotos pulsando aquí

COMO CREAR UN CONTA DE CORREO EN GMAIL

Dentro deste recuncho imos ir engadindo titoriales básicos de informática. Comezamos cun titorial de "Como crear unha conta de correo en gmail". Queremos, así, acercar dunha forma moi sinxela aos nosos alumnos/as ás T.I.C. Se queres saber como, onde atopar recursos, ou suxerirnos algún titorial ou modo de colaboración / intercambio,... contacta con nós. Este primeiro titorial pódelo ver ou gardar pulsando aquí . Tamén o podes ver pulsando na icona que tés dentro pa pantalla do vídeo

BLOG

Dentro do proxecto "Tradicións populares e as TIC" temos un blog onde imos colgando fotos, vídeos e demais material que  elaboramos.Podes acceder a ese blog pulsando aquí

AGRUPACIÓNS ESCOLARES

 

O día 3 de febreiro de 2009 fixemos unha conexión, a través do skype, co centro de Ibiza. Coincidiu coa visita do delgado provincial de educación de Lugo, o inspector do noso centro e a arquitecta da Unidade Técnica da delegación. Todo un éxito. Falamos sobre a próxima conexión entre os alumnos/as para que se coñezan sobre a próxima visita de mestres/as de Ibiza e Lleida ao noso colexio.

Fomos seleccionados para participar nun proxecto común entre centros educativos de distintas comunidades autónomas. Os nosos centros asociados están en Lleida e Ibiza (centro coordinador). O tema que imos desenvolver é " As tradicións populares a través das TIC ". A celebración do Magosto, Letras Galegas, Maios, investigar sobre as lendas de cada zona, bailes e xogos tradicionais serán temas que trataremos.

En febreiro de 2009 visitarannos os mestres de Lleida e Ibiza, nós visitaremos os seus centros en Maio e Setembro de 2009, respectivamente. En xuño de 2010 esperamos facer una nova visita a estes centros pero acompañados dos nosos alumnos/as.  Mestres/as, nenos/as, pais/nais estamos desexando comezar con este novo reto. A cantidade asiganda a este proxecto é de 9600€

 

 Do 12 ao 15 de febreiro de 2009 veñen visitarnos mestres e mestras dos centros de Lleida e Ibiza para coñercer o noso colexio e comezar a traballar neste ambicioso proxecto. Fins aviat, amics. 

Distribuir contido