try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Comenius

SOMOS COMENIUS

SOMOS COMENIUS 

O pasado xoves, 28 de xaneiro de 2010, na EGAP de Santiago de Compostela, recibimos unha placa conmemorativa pola nosa participación  en proxectos europeos Comenius. O debuxo gañador, en concurso a nivel nacional,  que ilustra a placa  foi feito pola alumna Iria Rodil do IES Monte Castelo de Burela. A nosa noraboa á alumna e ao centro.

Comenius _ Introducción

 O noso colexio, C.E.I.P. Monseivane, está participando desde o curso 2002/2003 en Proxectos Europeos Comenius, Acción I. Trátase dun programa subvencionado pola Unión Europea que pretende mellorar a calidade, reforzar a dimensión europea, fomentar a aprendizaxe de idiomas e o coñecemento intercultural no mundo da educación.

O nome de Comenius débese ao teólogo, filósofo e pedagogo amos Comenius (1592-1670) que estaba firmemente convencido de que a educación era o único medio de desenvolver plenamente o potencial humano para levar unha vida armoniosa.

En todo proxecto Comenius deben intervir centros escolares de, polo menos, tres países participantes. De todos os centros participantes, un asumirá o papel de "coordinador do proxecto" e o ressto serán "centros asociados".

No proxecto Comenius que comezamos neste curso 2007/2008 e que remataremos no curso 2008/2009, nós somos o centro coordinador e temos centros asociados en Alemaña e en País de Gales.

O tema a traballar, no curso 2007-08, é a nosa identidade persoal e rexional e para o curso 2008-09, traballaremos sobre a nosa gastronomía.

Distribuir contido