A FANTÁSTICA VIAXE DE PATRI
O día 10 de decembro de 2009 os nenos e nenas de 1º,2º,3º e 4º de primaria asistiron, no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Vilalba, a esta actividade de animación á lectura promovida pola editorial Rodeira _ Edebé. Conta como una nena vai, pouco a pouco, descubrindo a lingua galega. Ao longo da actividade houbo momentos no que se solicitou a participación dos nenos e nenas que o pasaron moi ben.