try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Complementarias e extraescolares

SAÍDA CULTURAL A ALFOZ E MONDOÑEDO

Unha vez máis, o luns 18 de maio, deixamos as aulas para aprender doutro xeito.

Como este ano aprendemos moito sobre castelos, decidimos vistitar un de verdade. Para iso dirixímonos ata Alfoz, donde se atopa o Castelo de Castro de Ouro. Deste consérvase a Torre da Homenaxe donde foi capturado o mariscal Pardo de Cela. Puidemos subir ata o máis alto desta torre e disfrutar das espectaculares vistas, pero a medida que subiamos tamén reparamos nas distintas salas de exposicións coas que conta a Torre.

Máis tarde, dirixímonos á Finca Galea. Alí tivemos o privilexio de visitar o Museo da auga e de percorrer este lugar idílico no que aprendemos motísimo. Pero...necesitabamos un descanso e repoñer enerxías, entón disfrutamos dun xantar rodeados do río Ouro. 

 Pola tarde, fixemos unha parada en Mondoñedo. Nun primeiro momento dirixímonos ata a catedral. Despois camiñamos ata a Ponte do Pasatempo donde entretiveron á dona de Pardo de Cela cando se dirixía a pagar o indulto do mariscal. 

                                        

Canto aprendemos!!!

CONCERTO DIDÁCTICO DO GRUPO "NIMUS"

O día 25 de febreiro fomos invitados polo CEIP Castelao de Belesar para disfrutar todos xuntos do concerto didáctico que nos ofreceu o grupo Nimus. Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial!!!!

VISITA A VILALBA

No comezo do curso, deixamos un día a escola para aprender doutro xeito e marchamos en autobús rumbo a Vilaba.

Primeiro, visitamos o centro da terceira idade. Comenzaron explicándonos como funcionaba este centro e despois coñecemos as súas instalacións. Ao final desenvolveuse unha xornada interxeracional, donde o alumnado interaccionou cos maiores.

Máis tarde, dirixímonos ao centro ocupacional de Vilalba. Alí coñecemos as súas dependencias e as distintas actividades que alí se levan a cabo: obras de teatro, taller de serigrafía...E tamén nos levaron a ver o seu invernadoiro no que cultivan diversas plantas que tamén venden. Os alumnos deste centro agasalláronnos cunha planta que eles mesmos fixeron.

Deseguido volvemos para a escola.

 

XOGOS POPULARES

O pasado 26 de maio visituounos o CEIP Terra Cha de Román para participar nunha xornada de convivencia cos nosos alumnos. Aproveitamos para celebrar unha xornada de xogos tradicionais. Foi un pracer poder contar coa súa presencia e esperamos devolver a visita no curso 2011/2012. Podedes ver máis fotos pinchando neste enlace

FESTA ENTROIDO 2011

O día 4 de marzo, día que celebramos o carnaval, tivemos unha sesión de xogos a cargo da empresa TOTAL SPORT: hinchables, paracaídas, pintura de caras,... Foi unha experiencia divertida e, por suposto, para repetir.

O GATO CON BOTAS

 O día 02 de febreiro de 2011, os nenos e nenas de educación infantil e 1º ciclo de educación primaria acercaranse ao Auditorio Carmen Estévez de Vilalba para para presenciar a representación "El gato con botas" de Einaescola. Esta actividade está subvencionada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.

CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO

O Centro de Artesanía e Deseño vai realizar dous obradoiros neste centro. Do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro ten lugar un obradoiro de Cestería. O outro obradoiro, que traballará a reciclaxe de papel, vaise desenvolver do 11 ao 13 de abril de 2011. Estes obradoiros son gratuitos e o horario  é de 16:30 a 19:45 horas.

VISITA A CASA DAS CIENCIAS

O día 20 de xaneiro de 2011 fixemos unha excursión á Coruña para visitar o Acuario, o Museo do Home  e a Casa das Ciencias. Foi un día cheo de experiencias novas: vimos tiburóns, comprobamos a nosa forza,  saber como se move o noso esqueleto, ... En fin moitas cousas para contar na casa e aos nosos amigos e amigas. Temos moitas fotos que podes ver pulsando aquí

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

En decembro de 2010, tal e como tiñamos programado, os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria fixeron unha visita a Santiago para despedir o ano santo. Visitaron a catedral, viron "voar" o botafumeiro e percorreron as rúas máis emblemáticas da cidade. Podes ver as fotos pulsando aquí

COCIÑEIROS/AS POR UN DÍA

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria foron cociñeiros por día. Os nenos/as de infantil prepararon unha riquísima brocheta de froitas de tempada con chocolate. Os do primeiro ciclo fixeron un sabrosísimo pastelón de mazá. Os do 2º ciclo prepararon unha tarta de castañas que estaba de medo e os do 3º ciclo fixeron, con cabelo de anxo, unhas empanadillas que quitaban o impo. Temos moitas fotos que podedes ver pinchando sober as imaxes

Distribuir contido