try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

COMEZAMOS A VIAXE A ROMA!

Neste mes de outubro recibimos a visita sorpresa dun emisario do emperador Octavio Augusto chegado dende Roma, o cal nos fixo entrega da seguinte carta:

 

Ola amiguiños e amiguiñas! Menuda sorpresa eh?

Antes de nada presentareime, chámome Octavio Augusto. Supoño que estaredes moi sorprendidos con esta carta e co emisario que enviei para entregárvola.

 

Xa sei! Hoxe Rodrigo non ven moi axeitado para dar clases de educación física. Explicareivos! Eu son dun lugar e dunha época na que aínda non se inventara o chándal, así era como vestíamos daquela. Direivos tamén que  me encanta viaxar, pero como na miña época tampouco existían os coches e os avión, as miñas viaxes son diferentes, son viaxes no tempo e…. para facelo teño unha receta especial que compartirei con vós. Sabedes cal é? Pois .... a lectura, lendo podedes visitar moitos lugares, personaxes, coñecer historias….. de agora, do futuro e do pasado.

 

A historia que vos convido a coñecer comigo, sucedeu hai moitos, moitos anos. A súa orixe está na capital dun país de Europa coñecido polo seu parecido cunha bota. Sabedes de que cidade se trata. A súa historia comeza cunha lenda que ten como protagonista a dous irmáns e unha loba, seguro que vos gusta!

 

Por certo, que cole máis guai tedes! Xa vin nunha visita que lle fixen este verán que vos gusta moito o arte, menudo castelo! E…. que escudos tan chulos!

Na época da que eu veño tamén éramos  amantes do arte, construímos moitos monumentos e edificios que aínda hoxe se conservan e gustábanos decoralos con mosaicos moi vistosos, convídovos a investigar sobre eles e propóñovos que decoredes o cole con mosaicos feitos por vos mesmos.

Voltarei por aquí e espero velos colgados nas paredes do voso colexio!

 

Por certo, tamén vin que nas portas das vosas aulas tiñades personaxes da época mediaeval, que tal si este ano os sustituídes por outros da miña época?

Bueno, amiguiños teño que deixarvos pois goberno un territorio moi grande e debo traballar moito.

 

Grazas por adicarme este tempiño. Teredes noticias miñas. Ata pronto.

Octavio Augusto (emperador)

 

Con esta visita iniciamos un Proxecto sobre Roma, o cal traballaremos ó longo do curso, achegando aos nosos alumnos/as as principais características deste grandioso Imperio.