try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

QUE É PARA TI O GALEGO

Propuxémoslles aos pais e nais dos nenos/as do noso centro que opinaran sobre o que é para eles o galego. Foron moitas as respostas e moi interesantes. Podes ver todas as opinións pulsando aquí

A CHARCA DO ALLIGAL _ CONTO

Este é o conto feito polos nenos e nenas de 6º de primaria sobre a charca do Alligal.
BubbleShare: Share photos - Easy Photo Sharing

LENDA DO DRAGÓN DE GALES

Aquí tedes  a lenda, en power point, do mítico dragón vermello de gales. Esta animación está feita cos traballos dos nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria do noso colexio. Para vela, pulsa aquí

A CHARCA DO ALLIGAL _ LENDA

Os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria fixeron un powerpoint sobre a lenda da charca do Alligal. Podes velo pulsando aquí

ÁNÍMATE E... DESCUBRE O ENIGMA

O día 17 de maio de cada ano celébrase o "Día das Letras Galegas". Sabes por que? Segue as pistas que que damos e descubriralo.

 1. Por que se celebra o día 17 de maio o "Días das Letras Galegas?

2. En que ano se celebrou por primeira vez?

3. A que escritor/a se lle adicou aquel ano?

4. Como se chama o escritor/a ao que se lle dedica este ano?

5. Sabes onde naceu e en que ano?

6. Onde cursou bacharelato?

7. Cal era o pseudónimo que utilizaba na clandestinidade?

8. Cal é o título do libo que recolle as súas memorias

9. Coñeces algunha outra obra súa?

10. De que editorial foi director literario?

11. En que ano se empezaron a convocar os premios Rmón Piñeiro?

12. En que ano e onde finou

RECURSOS

Poderás atopar as respostas nos seguintes enlaces: para as preguntas 1,2 e 3: buscar en google "historia das letras galegas". Para as preguntas 4,5,6 e 10: "figura homenaxeada no día das Letras galegas". Para as preguntas 7,8,9,11 e 12: gl.wikipedia.org

AVALIACIÓN

De 10 a 12 respostas correctas: Moi ben!!

De 7 a 10 respostas correctas: Ben!!

De 5 a 7 respostas correctas: Suficiente!!

Menos de 5 respostas correctas: Inténtao de novo!!

AGRUPACIÓNS ESCOLARES _ VISITA A LLEIDA

Do 21 ao 24 de maio mestres/as do noso colexio e de Ibiza (CEIP Can Cantó) visitamos o centro de Lleida. Os tres centros estamos traballando nunha agrupación escolar que ten por título: "As tradicións populares a través das TIC". Poidemos coñecer e desfrutar dunha festa gastronómica típica de Lleida "L'Aplec del caragol". Destacar o excelente trato que recibimos dos compañeiros/as de Lleida. Podes ver as fotos pulsando  aquí

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 7. O xuiz arranxa a débeda que ten co Currás polas galiñas

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR _ VISITA

Vídeo 6. O Currás e a Pitusa teñen unha charla.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

LUÍS TOSAR

Vídeo 5. O xuiz e o Currás entrevístanse

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido