try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

ENTROIDO 2010

O 12 de febreiro de 2010 celebramos o Entroido no colexio. Tendo en conta a nosa participación no proxecto de Agrupacións Escolares, o tema elexido foi: "Traxes tradicionais" das comunidades autónomas participantes no proxecto. Os nenos/as de educación infantil desfilaron co traxe típico catalán, os do 1º e 2º ciclo de primaria co traxe galego e o 3º ciclo co traxe típico ibicenco. Podes ver máis fotos pulsando aquí


CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ _ XANEIRO 2010

O venres, 29 de xaneiro de 2010, celebramos o día da Paz. Entre as actividades máis salientables temos: un mural, sobre unha bandeira branca, co mapa mundi no se que investigou onde había guerras, as súas causas e posibles solucións. Fixemos catro globos aerostáticos para lanzar no pavillón, para conmemorar este día. Tamén houbo cancións, bailes, frases e contos relativos á paz, ,... Aquí tedes unha presentación do que fixemos. Se queredes ver máis fotos, pinchar aquí


SOMOS COMENIUS

SOMOS COMENIUS 

O pasado xoves, 28 de xaneiro de 2010, na EGAP de Santiago de Compostela, recibimos unha placa conmemorativa pola nosa participación  en proxectos europeos Comenius. O debuxo gañador, en concurso a nivel nacional,  que ilustra a placa  foi feito pola alumna Iria Rodil do IES Monte Castelo de Burela. A nosa noraboa á alumna e ao centro.

ANIMACIÓN Á LECTURA

LA CENICIENTA

Os nenos e nenas de educación Infantil e 1º ciclo de Primaria do noso colexio irán, o  próximo 5 de febreiro 2010, ao Auditorio Carmen Estévez de Vilalba para ver a representación da obra teatral "La Cenicienta". Actividade subvencionada polo Concello de Vilalba.

CURSO CESTERÍA

CURSO CESTERÍA

Do 25 ao 27 de Xaneiro de 2010, celebramos no colexio un curso de cestería para os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo de Primaria. Este curso está subvencionado polo INLUDES e foi impartido por Idoia. Os nenos/as  gozaron con esta actividade. Podedes ver máis fotos pulsando aquí

NADAL 2009

NADAL 2009

Para este Nadal de 2009 fixemos un belén no que buscamos un punto de unión  entre as comunidades catalana, balear e galega. O motivo é que estamos traballando nun proxecto de agrupacións escolares con centros de Lleida e Ibiza. Pastores, casas e vexetación típica de cada comunidade está representada no belén. Podes ver todas a fotos tamén neste enlace: fotos


NADAL 2009

FELICITACIÓNS DE NADAL

Os nenos e nenas do Colexio Monseivane queren felicitarvos o Nadal. Para iso, fixeron estes powerpoints:

- Infantil

- 1º de Educación Primaria

- 2º de Educación Primaria

- 2º ciclo de Educación Primaria

- 5º de Educación Primaria

- 6º de Educación Primaria

O Magosto

 O MAGOSTO

Aquí podedes ver o powerpoint que fixeron os nenos e nenas de 2º de educación primaria sobre o Magosto.

 

A FANTÁSTICA VIAXE DE PATRI

A FANTÁSTICA VIAXE DE PATRI

O día 10 de decembro de 2009 os nenos e nenas de 1º,2º,3º e 4º de primaria asistiron, no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Vilalba, a esta actividade de animación á lectura promovida pola editorial Rodeira _ Edebé. Conta como una nena vai, pouco a pouco, descubrindo a lingua galega. Ao longo da actividade houbo momentos no que se solicitou a participación dos nenos e nenas  que o pasaron moi ben.

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE A GRIPE A

Nos seguintes enlaces podes ver toda a información sobre o protocolo de actuación no CEIP Monseivane ante a GRIPE A. Así mesmo, hai información para as familias, para o persoal de limpeza e para o transporte escolar:

- Protocolo de actuación no CEIP Monseivane

- Protocolo de actuación para as familias

- Protocolo de actuación para o persoal de limpeza

- Protocolo de actuación para o transporte escolar

Distribuir contido