try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

O MAGOSTO _ VÍDEO

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonseivane/system/files/2010_1108magostohalloween0001.AVI_.FLV

COCIÑEIROS/AS POR UN DÍA

Tanto o alumnado de infantil como o de primaria foron cociñeiros por día. Os nenos/as de infantil prepararon unha riquísima brocheta de froitas de tempada con chocolate. Os do primeiro ciclo fixeron un sabrosísimo pastelón de mazá. Os do 2º ciclo prepararon unha tarta de castañas que estaba de medo e os do 3º ciclo fixeron, con cabelo de anxo, unhas empanadillas que quitaban o impo. Temos moitas fotos que podedes ver pinchando sober as imaxes

RECEITAS DE CASTAÑAS

Aproveitando a celebración do Magosto, fixemos un recollida de receitas que teñen como ingrediente principal as castañas: tarta de castañas, marrón glacé, castañas cocidas con leite. Tamén están as receitas para facer as filloas e as roscas, que tan ben sentan neste tempo. Podes ver todas as receitas pinchando aquí

MAGOSTO _ SAMAÍN

O 05 de novembro celebramos o Samaín e o Magosto no centro. Do Samaín, comentamos a súa orixe, fixemos bailes e cantamos. Para o Magosto, os nenos e nenas do 3º ciclo de Primaria foron os encargados de asar as castañas. Mentras, o resto dos nenos e nenas fixeron xogos, onde a castaña foi a protagonista, no pavillón. Hai moitas fotos que podes ver pinchando aquí

CHAINSTORIES

Xa temos o conto rematado. Na súa elaboración, ademais do noso centro, participaron colexios de Italia, Portugal e Lleida. Podes ver toda a historia pinchando aquí

CAMIÑO DE SANTIAGO _ Outubro 2010

O xoves, 21 de outubro de 2010, tódolos nenos e nenas do CEIP Monseivane percorreron parte do Camiño de Santiago, comezando en Martiñán. Esta actividade axudaranos a hora de facer o estudo da flora e fauna do Camiño de Santiago pola Terra Cha. Tamén aproveitamos esta saída para facer enquisas aos peregrinos/as que atopamos no camiño.

FUNDACIÓN OXÍGENO_ Outubro 2010

O día 20 de outubro visitou o noso centro a Fundación Oxigeno, patrocinada polo Ministerio de Medio Ambiente a través da campaña "Natureza sen límites".

Levaron a cabo unha charla sobre os espazos naturais do Camiño de Santiago, a través dun moneco chamado "Arboreto" (na foto). Os nenos e nenas fixeron unha pequena peza teatral coas monitoras para coñecer a importancia de preservar e protexer os distintos espazos naturais. Podedes atopar máis información sobre esta fundación na súa páxina web: www.fundacionoxigeno.org

CURSO MONICREQUES

Os días 30 de maio, 1 e 2 de xuño tivemos no colexio un obradoiro sobre como facer monicreques. Participaron, principalmente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria. Este obradoiro foi impartido polo Centro de Artesanía e Deseño de Lugo.

LETRAS GALEGAS _ MAIOS 2010

O 14 de Maio de 2010 celebramos os Maios e o Días das Letras Galegas (este ano adicado a Uxío Novoneyra). Fixemos bailes, xogos, a ofrenda ao Rei e a Raiña dos Maios,... Tamén coñecemos a vida e obra do escritor homenaxeado. Podes ver varias fotos na seguinte presentación:

 

le="width:426px;text-align:left;">

Distribuir contido