try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

Blogues

PROTEXENDO O CAMIÑO

Para comenzar o curso recibimos a visita dos nosos amigos os Contacontos "Protexendo o Camiño". Ademais de contarnos unha fantástica historia sobre o Camiño de Santiago, fixemos un debuxo grupal cunhos espléndidos resultados.

OS MAIOS

Aí vén o maio para ... O Ceip Monseivane!!!  Como cada ano celebramos a festa dos maios. Este ano comezamos a festa co tradicional desfile, cantamos, veneramos ao rei e a raíña e para rematar participamos en xogos populares. Para todas estas actividades contamos coa grata presenza das familias do noso alumnado, tan colaboradores coma sempre. Grazas por acompañarnos!!!

 

LETRAS GALEGAS 2015

O autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas foi Xose Fernando Filgueira Valverde. Con motivo desta celebración deseñamos entre todos os nenos e nenas da escola un mural adicado a este autor. Non vos imaxinades canto aprendemos sobre a súa vida e sobre a súa obra.

 

A SEMANA DO LIBRO

Como xa sabedes estamos levando a cabo un proxecto anual chamado Castelos e Cabaleiros. Foi por iso que desta volta decidimos investigar sobre a vida dun dos cabaleiros máis importantes da nosa literatura, O Cid. Pero ademais diso, levamos a cabo outras actividades como a lectura e interpretación de contos e lendas.

O DÍA DA ÁRBORE

Este ano para celebrar o día da árbore plantamos entre todos/as un acivro no xardín da nosa escola. Non vexades como traballamos!! O nome que escollemos para o noso novo arbusto é PINCHÓN. Gústavos?

    

   

O ENTROIDO

"Carnaval, carnaval...Carnaval te quiero..." Pois sí, é certo que lle queremos moito ao entroido, foi por iso que o celebramos por todo o alto. Como non podía ser doutra maneira tendo en conta o proxecto que estamos levando a cabo, este ano retrocedemos no tempo e ambientamos o noso entroido na época dos castelos e cabaleiros.

O Castelo de Monseivane encheuse de príncipes, princesas, bufóns, magos, dams e cabaleiros; ademais de outros personaxes veciños, que se uniron á festa. 

Houbo desfiles, danzas, bailes... e ata un xuízo!!! Ollade as seguintes fotos que son unha pequena mostra do ben que o pasamos.

 

       

       

 

CONTACONTOS

O doutor Tilla visitou o noso centro e falounos da enfermidade de Mach.

A través dun conto sobre a vida de Laura, unha nena que quería ser pirata, deunos unha moi boa lección sobre a igualdade entre homes e mulleres.

       

SAÍDA CULTURAL A ALFOZ E MONDOÑEDO

Unha vez máis, o luns 18 de maio, deixamos as aulas para aprender doutro xeito.

Como este ano aprendemos moito sobre castelos, decidimos vistitar un de verdade. Para iso dirixímonos ata Alfoz, donde se atopa o Castelo de Castro de Ouro. Deste consérvase a Torre da Homenaxe donde foi capturado o mariscal Pardo de Cela. Puidemos subir ata o máis alto desta torre e disfrutar das espectaculares vistas, pero a medida que subiamos tamén reparamos nas distintas salas de exposicións coas que conta a Torre.

Máis tarde, dirixímonos á Finca Galea. Alí tivemos o privilexio de visitar o Museo da auga e de percorrer este lugar idílico no que aprendemos motísimo. Pero...necesitabamos un descanso e repoñer enerxías, entón disfrutamos dun xantar rodeados do río Ouro. 

 Pola tarde, fixemos unha parada en Mondoñedo. Nun primeiro momento dirixímonos ata a catedral. Despois camiñamos ata a Ponte do Pasatempo donde entretiveron á dona de Pardo de Cela cando se dirixía a pagar o indulto do mariscal. 

                                        

Canto aprendemos!!!

CONCERTO DIDÁCTICO DO GRUPO "NIMUS"

O día 25 de febreiro fomos invitados polo CEIP Castelao de Belesar para disfrutar todos xuntos do concerto didáctico que nos ofreceu o grupo Nimus. Aprendemos moitísimo e pasámolo xenial!!!!

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio.

A nosa xigante pomba da paz perdeu algunhas das súas plumas, entón cada un dos nosos alumnos e alumnas recolleu unha para escribir nela o seu desexo para procurar a paz.

 

Tamén cantamos e bailamos a canción de " Los niños queremos la paz".

 

Distribuir contido