try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

blogue desusana

MAIOS 2016

O día 20 de maio celebramos a festa dos Maios.. Os maiores fixemos o Maio, que…. Quedou ben chulo!!


Chulos tamén ían o Rei e a Raíña coas súas damas de honra.

 


Para elaborar o noso Maio trouxemos plantas e flores silvestres e outras que collemos dos nosos xardíns..

 

Tamén adornamos as cabezas con coroas do máis vistosas e enchemos cestiñas con pétalos multicolor.

 

Despois de desfilar co noso Maio, danzamos  e cantamosarredor del.

Rendémoslle pleitesía aos nosos Reis e tirámoslles os pétalos de flores que levabamos nas nosas cestiñas.


Máis tarde chegaron os xogos e  convidamos aos  nosos pais e as nosas nais a participar . Pasároncho ben!!  

 

 

 e… demostraron estar en boa forma.

 

Grazas por acompañarnos!!

 

LETRAS GALEGAS 2016

Este ano, xunto cos outros centros do concello de Vilalba, participamos nun proxecto para homenaxear a figura de Manuel María.


Recibimos, de parte do concello, uns anacos de tea nos que tiñamos que debuxar e escribir algo relacionado coas obras de Manuel María.

 

Os maiores debuxamos unhas bolboretas do poema  “Bolboreta”. Os alumnos de 3º e 4º elaboraron un mar sobre o poema “ O mar”. Os de 1º e 2º fixeron referencia ó poema “ O meu barco”. E, finalmente, os máis pequeniños prepararon unha tea sobre o poema “ Noite”. Todos eles foron sacados da súa obra “  Os soños na gaiola”.

 Os carteis de todos os colexios, incluídos os nosos, colgáronse na Praza da Constitución, en Vilalba.

 

Tamén fixemos uns pequenos carteis en papel sobre poemas de Manuel María, que estarán expostos por todos os establecementos de Vilalba. Neles atoparedes un poema acompañado dun debuxo.

 

Verdade que quedaron moi vistosos?

 

 

 

 

 

DIA DO LIBRO

O día do libro, que celebramos no noso centro o venres 22 de abril, foi precedido por diferentes actividades, realizadas e organizadas tanto na biblioteca como nas aulas. Entre elas podemos destacar, a lectura e representación dun “Un amor de botón” , na que todos desfrutaron dunha sesión na que o ambiente foi inundado por música francesa e a vestimenta máis elegante de dona Enriqueta e don Gabriel.

 Esta historia de amor foi representada polos alumnos de primeiro e segundo, mais a súa lectura foi levada a cabo polos de terceiro e cuarto. Traballamos así a entoación, a expresividade e moitas máis habilidades para falar en público.

 

 

O ENTROIDO

Este ano non podía faltar un entroido adicado a Roma, con motivo do proxecto levado a cabo por todo o centro.

Tivemos lexionarios, emperadores e emperatrices, senadores…

 

 

 

O noso antroido romano pasou por un xuízo e foi declarado culpable, razón pola que foi condenado a ser queimado.

COMO CHORABAN AS PLAÑIDEIRAS!!!!!!

 Para rematar, tivemos un festín igualiño aos que os ramanos facían na súa época. Por suposto, pratos típicos de Roma. BOÍSIMOS!

 

O DIA DA PAZ

No día da Paz os nenos e nenas do colexio foron partícipes dun innovador “photocall”,onde cada un deles portaba unha palabra relacionada coa Paz.

 

 

Ademáis, e aproveitando o decorado do Proxecto de Roma no que estamos a traballar, os nenose nenas cantaron o tema “Abre la muralla”,acompañado dunha orixinal coreografía.

 

 

 

Por último os alumnos/as de 5º/6º recitaron unhos fermosos poemas que elaboraron para a ocasión. 

NADAL 2015

 Este ano o noso Belén achegounos a antiga Roma.

Para elaboralo tivemos que investigar as construcións e costumes desa época.

 

 

Por suposto, non podía faltar o templo, o acueduto e o coliseo xunto á domus (casa romana).

 Fixádevos nas figuras!!

Quedaron moi chulas, non si?

    

 Interpretamos panxoliñas e bailes para os que puxemos as nosas mellores galas.

 

 

Os maiores deixamos ao público abraiado coa nosa coreografía                                          

Os máis pequenos de primaria atrevémonos co mimo, representando a unha orquestra un pouco indisciplinada.                                                             

SAMAÍN E MAGOSTO 2015

 Coma tódolos anos no nosos colexio celebramos as festividades do Samaín e o Magosto de maneira conxunta. Comezamos facendo unha sesión de "foto cool", na que tanto alumnoas/as coma profes lucimos as nosas mellores galas.

   

Posteriormente cada clase realizou

distintias actuacións, culminando

coa queima dos medos de tódolos nenos e nenas.

 

 

 

Os nosos alumnos e alumnos elaboraron multitude de cabazas que expuxeron no colexio. A cabaza máis orixinal foi a realizada por Álex, o cal se lle foi entregado o premio de gañador.

  

 

         

Xa pola tarde estivemos no pavillón, onde os alumnos e alumnos divertíronse practicando xogos alternativos e tradicionais da nosa Comunidade, tendo a castaña un papel protagonista en moitos deles.

 

Para rematar e repoñer forzas, celebramos

o magosto comendo unhas deliciosas castañas.

 

 

 

 

 

 

 

I FESTIVAL DE CINE MUDO EN MONSEIVANE

Coincidindo coa festividade do Samaín, os alumnos/as de 5º e 6º protagonizaron un pequeno curto de cine mudo, dirixido polas mestras Paula e Raquel. No ficheiro adxunto pódese observar esta peza cinematógrafica.

COMEZAMOS A VIAXE A ROMA!

Neste mes de outubro recibimos a visita sorpresa dun emisario do emperador Octavio Augusto chegado dende Roma, o cal nos fixo entrega da seguinte carta:

 

Ola amiguiños e amiguiñas! Menuda sorpresa eh?

Antes de nada presentareime, chámome Octavio Augusto. Supoño que estaredes moi sorprendidos con esta carta e co emisario que enviei para entregárvola.

 

Xa sei! Hoxe Rodrigo non ven moi axeitado para dar clases de educación física. Explicareivos! Eu son dun lugar e dunha época na que aínda non se inventara o chándal, así era como vestíamos daquela. Direivos tamén que  me encanta viaxar, pero como na miña época tampouco existían os coches e os avión, as miñas viaxes son diferentes, son viaxes no tempo e…. para facelo teño unha receta especial que compartirei con vós. Sabedes cal é? Pois .... a lectura, lendo podedes visitar moitos lugares, personaxes, coñecer historias….. de agora, do futuro e do pasado.

 

A historia que vos convido a coñecer comigo, sucedeu hai moitos, moitos anos. A súa orixe está na capital dun país de Europa coñecido polo seu parecido cunha bota. Sabedes de que cidade se trata. A súa historia comeza cunha lenda que ten como protagonista a dous irmáns e unha loba, seguro que vos gusta!

 

Por certo, que cole máis guai tedes! Xa vin nunha visita que lle fixen este verán que vos gusta moito o arte, menudo castelo! E…. que escudos tan chulos!

Na época da que eu veño tamén éramos  amantes do arte, construímos moitos monumentos e edificios que aínda hoxe se conservan e gustábanos decoralos con mosaicos moi vistosos, convídovos a investigar sobre eles e propóñovos que decoredes o cole con mosaicos feitos por vos mesmos.

Voltarei por aquí e espero velos colgados nas paredes do voso colexio!

 

Por certo, tamén vin que nas portas das vosas aulas tiñades personaxes da época mediaeval, que tal si este ano os sustituídes por outros da miña época?

Bueno, amiguiños teño que deixarvos pois goberno un territorio moi grande e debo traballar moito.

 

Grazas por adicarme este tempiño. Teredes noticias miñas. Ata pronto.

Octavio Augusto (emperador)

 

Con esta visita iniciamos un Proxecto sobre Roma, o cal traballaremos ó longo do curso, achegando aos nosos alumnos/as as principais características deste grandioso Imperio.

 

 

PROTEXENDO O CAMIÑO

Para comenzar o curso recibimos a visita dos nosos amigos os Contacontos "Protexendo o Camiño". Ademais de contarnos unha fantástica historia sobre o Camiño de Santiago, fixemos un debuxo grupal cunhos espléndidos resultados.

Distribuir contido