try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Monseivane

blogue dejavier

AGRUPACIÓNS ESCOLARES

 

O día 3 de febreiro de 2009 fixemos unha conexión, a través do skype, co centro de Ibiza. Coincidiu coa visita do delgado provincial de educación de Lugo, o inspector do noso centro e a arquitecta da Unidade Técnica da delegación. Todo un éxito. Falamos sobre a próxima conexión entre os alumnos/as para que se coñezan sobre a próxima visita de mestres/as de Ibiza e Lleida ao noso colexio.

Fomos seleccionados para participar nun proxecto común entre centros educativos de distintas comunidades autónomas. Os nosos centros asociados están en Lleida e Ibiza (centro coordinador). O tema que imos desenvolver é " As tradicións populares a través das TIC ". A celebración do Magosto, Letras Galegas, Maios, investigar sobre as lendas de cada zona, bailes e xogos tradicionais serán temas que trataremos.

En febreiro de 2009 visitarannos os mestres de Lleida e Ibiza, nós visitaremos os seus centros en Maio e Setembro de 2009, respectivamente. En xuño de 2010 esperamos facer una nova visita a estes centros pero acompañados dos nosos alumnos/as.  Mestres/as, nenos/as, pais/nais estamos desexando comezar con este novo reto. A cantidade asiganda a este proxecto é de 9600€

 

 Do 12 ao 15 de febreiro de 2009 veñen visitarnos mestres e mestras dos centros de Lleida e Ibiza para coñercer o noso colexio e comezar a traballar neste ambicioso proxecto. Fins aviat, amics. 

VOZ NATURA

Voz Natura  Este curso 2008/2009 participamos nunha nova edición de "Voz Natura". O tema que imos traballar é "Manual dun neno de Primaria para curar a terra" . A situación do noso centro, zona rural, permite que os nosos alumnos e alumnas poidan comprobar como podemos axudar á conservación do medio. Moi pronto vos diremos todas as actividades que imos desenvolver

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística  Un ano  máis, un proxecto novo. Son moitas, interesantes e variadas as actividades que temos programadas para este curso 2008/2009:

  * Elaboración de carteis para o fomento da lectura

  * Conferencia-coloquio con algún escritor ou animador (previa lectura dalgún dos seus libros)

  * Elaboración de carteis con motivo da celebración de Magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas, Maios.

* Introducir xogos populares que leven á aprendizaxe da lingua galega

* Recopilación de xogos populares

* Editar folletos e carteis sobre a elaboración do queixo de San Simón, o roscón e capón

* Publicación do xornal escolar "O Faro"

* Elaboración de un receitario e un calendario gastronómico

* Implicar ás familias na elaboración de sobremesas así  como escribindo as receitas

* Emprego das TIC para a elaboración, itercambio e difusión de materiais e documentos en galego

* Elaboración en metacrilato, de placas con nomes e frases, de escritores/as galegos que identifiquen as distintas dependencias do centro

* Elaboración dun libro, en diferentes formatos, cos traballos feitos

* Celebración da semana do cine, en galego. Procuraremos que un actor/actriz pase polo centro.

Distribuir contido