Deportes
Danza Galega
DANZA GALEGA
Un grupo de alumnos e alumnas tamén aprenderon Danza galega. Clica sobre o enlace.
Bádminton
Bádminton
Os alumnos e alumnas do colexio fixeron unha tempada moi boa xa que acadaron magníficos resultados:
Categoría alevín feminino: 1ª clasificadas, a nivel provincial
Categoría alevín masculino: 3º clasificados, a nivel provincial.
O seu adestrador, Tomás, está moi satisfeito.
Se queres ollar algunhas fotos ou ver o vídeo colgado en you tube, da entrega de premios, clica sobre o enlace corrrespondente.
Balonmán
BALONMÁN
Noraboa aos nosos alumnos e alumnas que xogan ao balonmán, xa que quedaron campións, a nivel provincial, no Deporte en idade escolar.
Se queres ollar algunhas imaxes ou ver o trofeo que acadaron... clica sobre o enlace.
FERREIRÚA 2009
10 DE MAIO DE 2009
Onte, 10 de maio celebrouse a carreira popular e medio maratón da Ferreirúa.
Houbo alumnos e alumnas do centro en todas as categorías, e algúns deles subiron ao podio ( Zeltia, Brais, Eva, Alejandro, Gerardo, Nahir). Todos xuntos pasamos unha mañá moi deportiva, na que algúns pais, nais e profes tamén se animaron a correr.
Fomos un grupo moi numeroso, que agardamos aumentar para o ano que ven.
Se queredes olllar algunhas das fotos, clicade sobre o enlace á galería.