Blog 6º A
COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA
COMUNICACIÓN NA SITUACIÓN DE ALERTA SANITARIA E INFORME DE ACTIVIDADES NAS DISTINTAS ÁREAS
Estimadas familias:
Debido á situación de alarma na que nos atopamos, a atención do alumnado de 6º e a comunicación cas familias será a seguinte:
A comunicación farase a través da plataforma EDIXGAL de forma xeneralizada para todas as materias:
Matemáticas, lingua galega, lingua castelá, ciencias sociais, ciencias naturais, inglés, francés, relixión/valores:
Centrarémonos en repasar os conceptos aprendidos neste curso, mediante tarefas; desta maneira non perderan hábitos.
Música:
Na disciplina de música, neste curso, a carga curricular céntrase máis na interpretación musical (frauta doce e percusión-orff) de xeito presencial e en grupo, aproveitaremos a plataforma EVA-EDIXGAL para propor actividades musicais adaptadas ao seu nivel que sirvan de repaso ao que facemos na aula. Non se esquecerá o aspecto lúdico en toda actividade ou tarefa que se cargue dentro da plataforma.
Educación física:
A comunicación realizarase a través dos blogs: blogs de centro (https://ceipdemonforte.blogspot.com/) no que se están a colgar vídeos de coreografías sinxelas, retos realizados polo alumnado e do blog de educación física (https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonforte/taxonomy/term/138) no que atoparán recomendacións xerais. Tamén utilizarán a plataforma Edixgal para algunha tarefa.
Plástica:
Centrarémonos en actividades lúdicas e entretidas, con materiais que se atopen na casa de forma habitual.
Ademais de Edixgal en 6º tamén nos comunicamos por abalar móbil, e por mail, en caso de necesidade.
A realización das tarefas non será avaliable no 2º trimestre, recomendo realizalas, xa que supón non perder hábitos, entreterse e esforzarse.
O alumnado que queira corrixir as tarefas pode facelo por Edixgal, ou por mail.
Un saúdo
Aurelia e Bea
A Ribeira Sacra
A Ribeira Sacra é unha zona que comprende as ribeiras do río Sil e do Miño, na zona sur da provincia de Lugo e norte da provincia de Ourense; a capital da cal acordouse que fose a cidade lucense de Monforte de Lemos.
Características
O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca. Actualmente pódense visitar 18 mosteiros, os que cabe destacar:
San Vicente do Pino, actual parador de turismo, en Monforte de Lemos.
Santa María de Ferreira de Pantón
Santa Cristina de Ribas de Sil
A Ribeira Sacra é especialmente coñecida polos seus tesouros naturais e biolóxicos, constituíndo un vastísimo ecosistema de gran variedade e riqueza. Son salientables os Canóns do Sil pola súa espectacular paisaxe. Esta é unha zona na que o río discorre encaixonado a través de paisaxes e montañas dunha gran beleza; os canóns dispoñen de miradores habilitados para admirar a súa impactante monumentalidade, así como de un catamarán aberto ao público que transita os canóns dun lado ao outro.
Ribeira Sacra, como denominación de orixe, é tamén coñecida pola calidade dos seus viños, que popularmente se coñecen na zona co nome xenérico de Mencía, debido a que son elaborados principalmente coa uva mencía, aínda que tamén se usa a uva Godello. As viñas, que se poden contemplar seguindo o curso do río, están dispostas nun sistema de chanzos de pedra, chamados socalcos, ao longo da ribeira, e datan da época romana.
Os romanos xa tiñan en grande aprecio estes caldos, que son afroitados e de gran presenza, ideais para tomar con carnes, e hai unha lenda que di que unha das variantes deste viño, o Amandi (procedente da zona do mesmo nome), facíaselle traer ao César desde a Gallaecia romanizada.
Monedas
Agudiza tu ingenio
¿Se puede hacer que 20 monedas sumen un euro, poniendo como condición que no sean todas iguales? ¿Hay más de una solución? ¿Cuántas?
5-monedas de 2 céntimos.
12-monedas de 5 céntimos.
3-monedas de 10 céntimos.
--------------------------------------------------
8-monedas de 5 céntimos.
2-monedas de 20 céntimos.
10-monedas de 2céntimos.
--------------------------------------------------
10-monedas de 5 céntimos.
4-monedas de 10 céntimos.
4-monedas de 2 céntimos.
2-monedas de 1 céntimos.
--------------------------------------------------
6-monedas de 10 céntimos.
10-monedas de 2 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
1-moneda de 50 céntimos.
15-monedas de 2 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
10-momedas de 1céntimos.
5-monedas de 10 céntimos.
1-moneda de 20 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
4-monedas de 5 céntimos.
10-monedas de 2 céntimos.
6-monedas de 10 céntimos.
--------------------------------------------------
1-moneda de 50 céntimos.
4-monedas de 5 céntimos.
15-monedas de 2 céntimos.
--------------------------------------------------
10-monedas de 5 céntimos.
4-monedas de 10 céntimos.
4-monedas de 2 céntimos.
2-monedas de 1 céntimos.
--------------------------------------------------
6-monedas de 1 céntimos.
2-monedas de 2 céntimos.
10-monedas de 5 céntimos.
2-monedas de 20 céntimos.
--------------------------------------------------
15-monedas de 2 céntimos.
3-monedas de 20 céntimos.
2-monedas de 5 céntimos.
--------------------------------------------------
Vamos a explorar Europa
Pincha para jugar y aprender cosas de la Unión Europea
