XOVES DE COMADRES

XOVES DE COMADRES

Novamente, noraboa a toda a comunidade educativa pola súa implicación e bo facer na preparación das comadres que hoxe nos permeteron participar amplamente no Concurso do Concelllo.

"Hello Kitty", dos alumnos/as de sexto de Primaria. 1º premio.

"Escola de xardinería: Voz Natura", da ANPA do colexio, 1º premio.

"Dona Crise", en representación do Centro, 2º premio.

Cumpre dicir que houbo moitas máis comadres que non levaron ningún premio, pero que merecen estar eiquí con todas as demais polo agarimo e ledicia coa que foron preparadas:

"O circo", dos alumnos de 5º de Primaria.

"As flores do noso xardín", feito como recoñecemento ao traballo, apoio e colaboración que nos prestan dende a ANPA.

"Iñas, iñas... pombiñas", feita polos profes do cole como resposta ao compadre que "tiveron que sufrir" o xoves pasado.

O enlace a todas as  fotos...