ADMISIÓN NOVO ALUMNADO curso 2017 - 2018

 Admisión e matriculación de alumnado en centros públicos en Galicia para o curso 2017 - 2018

O vindeiro 1 de febreiro iníciase o  procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018. 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Reserva de praza no centro de orixe ou centro de adscrición.

Do 1 ao 15 de febreiro.

Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.

23 de febreiro

Publicación de postos escolares vacantes.

Antes do 1 de marzo

Novas matrículas: Presentación da solicitude de admisión dos alumnos que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou estudos superiores.

 

solicitude ten que facerse co impreso oficial, onde se poderá solicitar ata 6 centros, por orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se solicita en primeiro lugar.

Do 1 ao 20 de marzo

Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.

A partir do 22 de marzo

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.

Antes do 25 de abril

Reclamacións.

 

Realizarase ante o Consello Escolar nos centros públicos.

5 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.

Publicación de listaxes definitivas.

Antes do 15 de maio.

No caso de solicitar praza en datas posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.


RECLAMACIÓN: 

As reclamacións contra a resolución do Consello Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa, poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación, ante o órgano que as ditou.

 

CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:

No impreso pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia (presentarase unha única solicitude na secretaría do centro que se relaciona como primeira opción, xa sexa público ou concertado).

Todas as solicitudes que non puidesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro. 


NORMATIVA:

·         Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

·         Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

·         Corrección de erros da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)


DOCUMENTACIÓN E ANEXOS COS FORMULARIOS:

·         ANEXO I Reserva de praza

·         ANEXO II: Formulario de admisión

 

vacantes:

 

A

(aulas)

B

(alumnos/as)

Vacantes

 Infantil

EI3

1

25

22 (3 NEE)

EI4

1

18

7

EI5

2

29

21

Primaria

EP1

2

25

25  ( 6 NEE)

EP2

2

28

22

EP3

2

29

21

EP4

2

35

15

EP5

2

30

20

EP6

2

29

21