AXUDA LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA 2014-2015

O  2 de xullo remata o prazo para presentar no Centro a solicitude de axuda para os libros de texto, en Educación Primaria. Clicade sobre os enlaces que se xuntan para obter toda a información   


ORDE do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014/15.


 Documento resume dos requisitos e documentación necesaria. 


 Anexo I ( Solicitude


 


 


IMPORTANTE: OBRIGA DOS BENEFICIARIOS:


    1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)


2. Conservar en bo estado os libros de texto adquiridos con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/15 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros), que permita a súa reutilización nos seguintes cursos académicos como medida que favoreza o establecemento dun sistema de socialización do seu uso (agás 1º e 2º de Primaria).