Skip to Content
 A nosa mascotaLeo: A nosa mascota

DÍA DO LIBRO (23 de abril)

O pasado venres, 22 de abril, festexamos no centro o Día do Libro. Xa son varios anos que levamos a cabo esta actividade na que os maiores convértense en madriñas e padriños lectores dos mais pequenos. Todas as fotos as podedes ver no blogue da biblioteca.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016/2017

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

PARA O CURSO 2016-2017 ABRIRASE AO LONGO DE TODO O MES DE XUÑO DO 2016.

A documentación necesaria para a formalización da matrícula é a seguinte:

  • Certificado de residencia (solicítase no Concello).
  • Informe médico sanitario (SÓ SE PADECE ALGUNHA MINUSVALÍA).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Fotocopia das vacinacións.

VISITA DE VIKI RIVADULLA

O pasado mércores, 9 de marzo, recibimos a visita da artista galega Viki Rivadulla. Mostrou os cativos parte do seu traballo onde plasma moi ben a forza das mulleres traballadoras, así que con ela  e coa súa obra conmemoramos tamén o Día da muller. Fotos da súa visita e traballos realizados a partir da súa visita podedes encontralos no blogue do proxecto do centro Pintamos moito.

INAUGURACIÓN AULA DE COCIÑA

O pasado luns 29 de febreiro inauguramos a AULA DE COCIÑA, un proxecto moi codiciado no que participou toda a comunidade educativa: mestres, equipo directivo, ANPA e o concello. Como convidados de honra acompañounos Fernando Agrasar, estrela Michelín e dono do restaurante As Garzas e Carmen Trigo, cociñeira aficionada que imparte cursos de cociña na localidade. Mais información e as fotos da inauguración podedes atopalas no blogue da biblioteca.


DÍA DE ROSALIA DE CASTRO

Entre todo o alumnado do cole elaboramos un mural para conmemorar o día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, coa técnica de colaxe seguindo o estilo de Andy Warhol. Ademais, a partir da proposta de AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) os nenos e nenas elaboraron unha postal cun verso dun poema de Rosalía e un debuxo que represente dita composición.

TELÉFONOS

ENTROIDO 2016

Este ano tivemos un entroido moi artístico xa que contamos con pintores, ceras, lápices, afilas, as menimas de Velázquez, unha representación de Dalí, superpintores... e, incluso, un ladrón de arte. O tempo acompañounos así que tivemos un gran día de festa, desfilando e queimando o farruco na praia. Todas as imaxes resumo deste entroido no blogue da biblioteca e no blogue "pintamos moito".

SEMANA DA PAZ

Este ano festexamos a PAZ a través da pintura, cun mural no que participou todo o alumnado do centro tomando como referencia o cadro La Gerbe de Matisse. O título do cadro tradúcese por "O manoxo" que é o que precisamos para construír a paz, un manoxo de bos sentimentos e boas accións. Ademais, seguindo esta mesma línea os alumnos de 5º e 6º de E.I. elaboraron a réplica doutro cadro de Matisse, El cielo de la Polinesia, traballando todos xuntos e resumido todo o esforzo neste vídeo.


Foron outras moitas as actividades que realizáronse para conmemorar esta data tan importante, por exemplo, os alumnos e alumnas de 5º de E.P. representaron na biblioteca para todo o centro La ovejita que vino cenar; o xoves o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria visionaron o conto Marce, o carteiro e o venres, os nenos e nenas de 6º de E.P. prepararon unha presentación na que recolleron feitos históricos que promoveron diferentes movementos de paz.

Finalmente, pechamos esta semana da paz cun acto simbólico de unión onde o alumnado, as mestras e os metres baixamos o patio a cantar e bailar todos xuntos a canción de Mama Cabra, Baile da paz.

FELIZ 2016

O pasado venres, 18 de decembro, despedimos o trimestre por todo o alto. Despois de entregar as notas fumos o centro cívico a festexarlo con Paco Nogueira que presentounos as cancións recollidas no seu libro-CD "Brinca Vai". Os nenos e nenas non pararon de cantar e bailar xa que coñecían e sabían a maior parte das cancións, foi unha gran experiencia. Rematamos a xornada repoñendo forzas cuncha chocolata con churros, foi un día máxico e soamente podemos dicir FELIZ ANO 2016  e voltamos o 7 de xaneiro.

CARTEL E POSTAL DE NADAL

Martina Casal Varela, de 2º de Educación Primaria, levou o segundo premio do concurso de Nadal do Concello de Malpica. O seu debuxo será o encargado de felicitar o Nadal mediante as postais que envía o Concello. O primer premio levouno un alumno do CEIP Otero Pedrayo de Buño e co seu debuxo farán os carteis da promagación do Nadal do Concello de Malpica. O encargado de entregar os premios foi o alcalde, Eduardo J. Parga Veiga.

Distribuir contido


by Dr. Radut