Skip to Content

 

4º Educación Infantil

CORES, SENSACIÓNS E MOITA DIVERSIÓN

Non hai mellor forma de fortalecer as manciñas que experimentando!! Por iso, neste ano experimentamos con moitas cores, formas, flores e ata auga. Si queredes ver algunas das actividades que fixemos premede na imaxe.

PROXECTO DINOSAUROS

Neste último trimestre os nenos e nenas de 3 anos tivemos unha visita moi especial: os dinosauros chegaron á nosa aula!!! Creamos fósiles, deixamos a nosa pegada e ata aprendimos canto miden. Premede na imaxe para ver todo o que aprendimos.

VISITA Á FUNDACIÓN SALES

O pasado martes os nenos e nenas de infantil visitamos a Fundación Sales de Vigo. Alí plantamos unha leituga, percorremos os xardíns da fundación e ata vimos o nenúfar xigante.

Para ver como o pasamos premede na imaxe.

COAS MANS NA MASA

Onte os nenos e nenas de 3 anos puxemos o mandil para meter as mans na masa. Fixemos unhas galletas boísimas!! Premede na imaxe para ver que pinta tiñan.

MOVE O CU

O pasado 14 de maio os nenos e nenas de 3 anos disfrutamos dun festival do máis especial. Puxemos uns tutús de moitas cores e saímos ao escenario a mover o cu! Esperamos que o pasárades tan ben coma nós e non olvidedes mover o cu!!!

SAÍDA AO PARQUE DA AUGA

Hoxe os nenos e nenas de 3 anos tivemos a sorte de ir ao parque da auga xunto coa profe Adri! Tirámonos pola tirolina, baixamos polo tobogán e ata vimos as ras!! Premede na imaxe para ver como o pasamos.

SAÍDA A APÍPOLIS

Hoxe os nenos e nenas de infantil tivemos un día distinto pero moi moi divertido: fomos a Apípolis, a cidade das abellas! Alí fixemos unha vela con cera, preparamos galletas e ata visitamos o apiario vestidos como auténticos apicultores. 

Si queredes ver un resumo deste día marabilloso, premede na imaxe

OS PIRATAS DE MOS

Este trimestre os nenos e nenas de 3 anos sumáronse á escola de piratas. Durante estes meses fixemos un cofre, un barco pirata con pan bimbo e ata loitamos contra o escorbuto!! Para ver todo o que descubrimos sobre os piratas, premede na imaxe.

TALLER COA MAMÁ DE ANTÍA

Hoxe Noelia, a mamá de Antía, viu a clase a facer con nós un barquiño pirata. Si queredes ver o coloridos que quedaron, premede na imaxe!

Gracias Noelia por vir e axudarnos a poñer fin a este proxecto tan especial dos piratas!!

TALLER CO PAPÁ DE TIAGO

Hoxe tivemos a sorte de ter na nosa aula ao papá de Tiago, Enrique, que veu a ensinarnos como facer un barquiño pirata de vela. Si queredes ver como o fixemos, premede na imaxe!

Como dixo Tiago, gracias Enrique por vir!! Foi un ratiño súper divertido.

Distribuir contido


        

 

 

 

 

 

 

by Dr. Radut