Skip to Content

 

XOGADE

Neste curso participamos no programa XOGADE no que o alumnado de sexto do noso cole, participou en tres xornadas de xogos alternativos co alumnado doutros centros da contorna. Na primeira xornada acudimos ao CEIP Antonio Palacios, na segunda foi turno de ser anfitrións e recibimos no noso centro ao CEIP de Atios, e a terceira, e máis especial, reuniu a todos os centros participantes no CEIP Antonio Palacios. Pasámolo moi ben xogando e convivindo con compañeiros e compañeiras de outros centros. Unha boa forma de divertirse, estar en forma e facer amizades!

                                    



        

 

 

 

 

 

 

page | by Dr. Radut