Servicio de Acollida

NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE ACOLLIDA MATINAL CEIP MESTRES GOLDAR CURSO 2018/19

 

 

NORMAS XERAIS DO SERVIZO DE ACOLLIDA MATINAL

CEIP MESTRES GOLDAR CURSO 2018/19

 

CAPÍTULO I: CONDICIÓNS XERAIS

 

ART. 1º ÁMBITO DE APLICACIÓN

As normas do servizo de acollida matinal afectarán ó alumnado matriculado no CEIP Mestres Goldar, e que sexa usuario do servizo, tanto de forma continuada como esporádica.

 

ART. 2º VIXENCIA

As normas aquí reguladas terán a súa vixencia durante todo o curso escolar.

Durante esta vixencia o Consello Escolar poderá modificar algunha das normas aquí establecidas.

 

ART. 3º ALUMNADO USUARIO

Poderá ser usuario do servizo de acollida matinal calquera socio/a da ANPA que así o solicite.

Posto que se trata dun servizo subvencionado con fondos propios da ANPA, é imprescindible SER SOCIO/A DA ANPA para poder acceder ó mesmo.

 

O alumnado usuario do servizo de acollida matinal pode considerarse de tres tipos:

A-     Alumnado fixo que usa o servizo diariamente ó longo de todo o curso

B-      Alumnado fixo discontinuo, que só é usuario determinadas semanas ó mes.

C-      Alumnado eventual que é usuario do servizo de xeito esporádico.

 

ART. 4º HORARIO DO SERVIZO

O servizo estará dispoñible desde o primeiro día de clase ata o último. O horario será de 8:00 a 9:00. En caso de existir demanda, este podería ser ampliado.

 

ART. 5º RESPONSABLE(S) DA XESTION DO SERVIZO

A  ANPA  como responsable do servizo, contratará a xestión da  ACOLLIDA MATINAL a unha empresa externa. No curso 2.018/19 será ARUME. A empresa será a encargada da contratación do persoal.

O servizo será prestado por un mínimo de dúas monitoras.

Un membro da xunta directiva da ANPA en colaboración cun pai/nai usuario, serán os encargados de xestionar o servizo (altas e baixas de usuarios/as, control de pagos, cálculo de cuotas, incidencias, etc.). Será imprescindible para a continuidade do servizo a existencia dun pai/nai voluntario para a realización destas tarefas.

 

CAPÍTULO II: CRITERIOS PARA ACCEDER O SERVIZO DE ACOLLIDA MATINAL.

 

ART. 6º SOLICITUDES

A directiva da ANPA establecerá un prazo pechado de tempo para a entrega de preinscripcións para o curso 2.018/19 durante o mes de xuño de 2.018. Este prazo comunicarase con antelación ás familias.

Como requisito indispensable é obrigado cubrir unha solicitude por cada neno ou nena que queira acceder ó servizo e ser socio/a da ANPA. Nas devanditas solicitudes especificarase o número de días á semana que se vai facer uso do servizo, horario e outros datos necesarios.

Cos datos resultantes desta preinscripción, farase o cálculo do coste do servizo para o primeiro mes do curso, do cal recibirán información as familias antes de rematar o mes de xuño.

A incorporación ó servizo por parte de novos usuarios/as estará aberta ó longo de todo o curso. Para acceder ó mesmo será necesario solicitalo por escrito cubrindo a solicitude correspondente na ANPA.

 

ART. 7º BAIXA DO SERVIZO

Para poder garantir a continuidade do servizo é imprescindible que exista un compromiso por parte de tódalas familias usuarias de asistencia regular ó longo de todo o curso escolar.

No caso de existencia de causas excepcionais que obriguen á baixa no servizo, esta deberá ser comunicada por escrito na ANPA cunha antelación mínima de 7 días naturais antes de que remate o mes.

De non facerse así, a couta correspondente ó mes seguinte deberá ser abonada, facéndose efectiva a baixa para o mes seguinte.

 

CAPÍTULO III: SISTEMA DE PAGO DO SERVIZO DE ACOLLIDA MATINAL

 

ART. 8º COSTE DO SERVIZO

O coste total, segundo presuposto facilitado pola empresa encargada da xestión do servizo é o seguinte:  214€ por cada monitora/hora ó mes. Sendo o coste total do servizo para unha hora de 428€.

 

ART. 9º SISTEMA DE PAGO

  

A ANPA subvencionará a cuota ata nun 20% (85,6 €/mes) e o importe restante será abonado polos usuarios/as do servizo (342,40 €/mes). Para o curso 2.016/17 a ANPA conta cun presuposto máximo subvencionable de 750 €.

 

A subvención por parte da ANPA manterase ata o momento en que a cantidade a abonar polas familias sexa igual ou inferior a 35€ mes completo. (Precio mínimo que as familias abonarán mentras exista subvención da anpa, de xeito que de incremetarse o número de alumnado usuario que permitan o abaratamento da cuota, a porcentaxe da subvención por parte da ANPA reducirase progresivamente de acordo ó criterio antes sinalado de 35€ de cuota mínima para as familias).

 

ART. 10º CALCULO DO IMPORTE MENSUAL A PAGAR POR USUARIO

O cálculo do importe que debe abonar cada usuario farase trimestralmente.

No mes de xuño do curso anterior farase o cálculo do importe a pagar en setembro.

En setembro farase o cálculo do importe que as familias abonarán nos meses de outubro, novembro e decembro.

En decembro farase o cálculodo importe que as familias abonarán nos meses de xaneiro, febreiro e marzo.

En marzo farase o cálculodo importe que as familias abonarán nos meses de abril, maio e xuño.

En caso de que se produzan altas de usuarios/as dentro destes períodos, os usuarios abonarán a cuota establecida para ese trimestre, e no caso de existir un excedente, será tido en conta para o cálculo da cuota do seguinte periodo.

 

Empregaranse os seguintes criterios:

 

-          Usuarios de mes completo de 8:00 a 9:00: Tarifa normal

-          Usuarios de medio mes de 8:00 a 9:00: Tarifa normal reducida un 40%

-          Usuarios de 1 semana ó mes: Tarifa normal reducida un 65%

-          Usuarios esporádicos: 5€ dia de asistencia. (O importe recaudado por usuarios esporádicos será tido en conta para o cálculo trimestral do importe a pagar)

A modo de exemplo:

No caso dun total de 11 usuarios, 8 con tarifa normal e 3 con tarifa de medio mes, os importes a pagar serían os seguintes:

-          Tarifa normal: 35€ x 8 usuarios= 280€

-          Tarifa de medio mes reducida un 40%: 21€ x 3 usuarios= 63€

SUMA TOTAL:

o   SUBVENCION ANPA: 85,6€

o   APORTADO POR FAMILIAS: 343

o   TOTAL: 428,60€

o   REMANENTE: 0.60€

 

ART. 11º OPCIÓNS DE PAGO

O pago farase preferentemente  mediante ingreso no nº de conta  da ANPAES42 2080 5087 6230 0007 3953 (Abanca), facendo constar o nome do neno/a e a referencia “Acollida matinal”

Tamén pode facerse efectivo o pago directamente nas oficinas da ANPA no horario de apertura da mesma.

O abono efectuarase por adiantado antes do día 7 de cada mes.

Pagarase un importe fixo cada mes, independentemente do número de días lectivos que teña cada mes.

 

ART. 12º SEGURO

 

A ANPA ten contratado un seguro de responsabilidade civil que da cobertura a tódolos usuarios/as de acollida matinal.

Poderase presentar documentación doutros seguros dos que o alumnado sexa beneficiario.

 

 

CAPÍTULO V: NORMAS E OBRIGAS DO ALUMNADO USUARIO DO SERVIZO DE ACOLLIDA MATINAL

 

ART. 13º ASISTENCIA E PUNTUALIDADE

 

O servizo de acollida matinal funciona de luns a venres en horario 8:00 a 9:00.

Na actualidade este é un servizo de vital importancia para as familias, e ante o reducido número de nenos/as que están a facer uso, para poder garantir a continuidade do mesmo, é imprescindible que exista un compromiso de asistencia continuada por parte das familias ó longo de todo o curso, e salvo casos excepcionais, evitarase a baixa no servizo.

 

As baixas repercuten negativamente sobre o custe que deben afrontar as familias usuarias, e comprometen seriamente a continuidade do mesmo.

 

ART. 14º COMPORTAMENTO

 

As normas de comportamento son as seguintes:

-          O alumnado farase responsable dos seus obxectos persoais.

-          O alumnado deberá  obedecer ó persoal encargado; sendo el, baixo o seu criterio, o que reprenda ós nenos/as que deixen de cumprir as normas que se lle demanden.

-          O alumnado deberá comportarse con corrección.

 

ART. 15º DEBERES DAS PERSOAS COIDADORAS

 

-          Tutelar, guiar e colaborar na formación do grupo de nenos/as que lles foran encomendados.

-          Tomar parte activa na vixilancia no tempo de lecer.

-          Comunicar as  incidencias ás persoas responsables da ANPA, anotar as faltas.

 

ART.17º DEREITOS DO PERSOAL COIDADOR/RESPONSABLE

 

-          A ser respectado no exercicio do seu traballo.

-          A tutelar, guiar e colaborar na formación do alumnado durante o tempo da acollida matinal.

 

ART.18º DEREITOS DOS USUARIOS/AS

 

-          A expresar por vía regulamentada aquelas queixas, suxestiónse peticións en relación coa acollida matinal.

-          A ser escoitado/a.

-          A utilizar as  instalacións do centro, dentro das normas que ó respecto teña ou dispoña o propio centro.

 

ART. 19º DEBERES DOS USUARIOS/AS

 

-          Pagar as cuotas establecidas puntualmente.

-          Comunicar por escrito e cunha antelación mínima de 7 días calquera cambio de horario no uso do servizo, baixa, etc.

-          Avisar ás persoas responsables do servizo de calquera anomalía, incidencia, problema de saúde do aumnado, etc.

 

 

 

Distribuir contido