Secretaría
LIBROS DE TEXTO
Estimadas familias!!
Os libros de texto do alumnado de 3º,4º,5º e 6º de Primaria serán entregados o luns día 12 de setembro ( 1º día de clase)
nas respectivas aulas pola titora.
Así mesmo levarán un impreso para que as familias asinen, conforme recibiron ditos libros.
.
FONDO DE LIBROS DE TEXTO
As datas límite para realizar os trámites (DOG do 16 de maio de 2016) serán:
a) Para gravar solicitudes e emendas (EP e ESO): o 11 de xullo de 2016.
b) Para publicar as listaxes provisionais (EP e ESO): o 14 de xullo de 2016.
c) Para gravar o resultado de reclamacións: o 19 de xullo de 2016.
d) Para publicar as listaxes definitivas: De EP (3º, 4º, 5º e 6º): o 22 de xullo de 2016.
O centro avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para adquirir libros de texto de 1º e 2º de E. Primaria. Igualmente tamén se avisará ao alumnado que lle corresponda o vale para material escolar.
Admisión definitiva de alumnado para o curso 2016 - 17
Relación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2016/17.
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial no prazo dun mes.
VER ARQUIVOS ADXUNTOS.
Admisión provisional de alumnado para o curso 2016-17
Relación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido para o curso 2016/17.
Ver arquivos adxuntos
Admisión de alumnos/as
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017.
De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición, neste caso o IES de Valadares. ( Dende o día 1 de febreiro ata o día 15 de febreiro)
Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)
Anexo I: Reserva de praza
Anexo II: Formularios de admisión e matrícula
RESOLUCIÓN DEFINITIVA - FONDOLIBROS
Hoxe publicáronse as listas definitivas de admitidos e excluidos do FONDOLIBROS da Xunta". Os libros recolleranse no mes de setembro.
Ver arquivos adxuntos.
RESOLUCIÓN PROVISIONAL - FONDOLIBROS
Hoxe publicáronse as listas provisionales de admitidos e excluidos do FONDOLIBROS da Xunta. A resolución definitiva publicarase o día 15 de xullo.
Ver arquivos adxuntos
Admisión provisional de alumnado para curso 2015-16
Relación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas para o curso 2015/16.
Pode formularse reclamación ante o Consello Escolar do Centro no prazo de 5 días hábiles a partir da data desta publicación.
Ver arquivos adxuntos
Castrelos - Vigo, 24 de abril de 2015
BECAS COMEDOR
NOTA ÁS FAMILIAS CON AXUDA DO CONCELLO PARA O COMEDOR
Todas as familias que teñan axuda do concello para comedor deberán asinar a axuda correspondente a varios meses (estará ao seu dispor no comedor ou en secretaría). Deberá asinar o solicitante da beca de comedor. Grazas
