Actividades extraescolares

Actividades extraescolares organizadas pola ANPA

  

 

 

 

A.N.P.A. C.E.I.P. MESTRES GOLDAR

Rúa Costa, nº 4 – Castrelos

36.213-VIGO

Tlfno.:886120095

E-mail: anpa_mestresgoldar@yahoo.es

Facebook: ånpamestresgoldar

 

 

 

 

 

Se alguén quere inscribirse nalgunha actividade das que finalmente se van levar a cabo, pode facelo cubrindo a solicitude correspondente no ANPA, posto que aínda quedan plazas dispoñibles, en tódalas actividades excepto NATACIÓN que xa está o grupo pechado, ata o segundo cuadrimestre.

O alumnado que usa o comedor e participa nunha actividade extraescolar que empeza máis tarde das 16:00 (Patinaxe- Perfeccionamento), debe ser recollido e estar atendido pola familia ata o inicio desa actividade. Recalcamos que a responsabilidade do alumnado nese tempo será sempre da familia.

A participación nas actividades implica o cumprimento das seguintes normas:

·        

RESPECTAR E COIDAR as instalación do centro, ós mestres, compañeir@s, etc.

·        

PUNTUALIDADE sobre todo á hora de recoller ós neno/as, xa que os monitores imparten clases noutros centros e non poden responsabilizarse dos nenos/as despois do seu horario.

·        

COMPROMISO de manter a asistencia ata o remate do curso, xa que moitas actividades están cun número moi axustado de alumnos/as, e en caso dalgunha baixa periga a súa continuidade.

·        

ABOAR as cotas de cada actividade na primeira semana do mes, no día que coincida co inicio de cada unha delas. A ANPA non se leva ningún beneficio destas actividades, pero debe pagar de forma puntual ós/ás monitores/as, que por outra parte, viven delas.

·        

AS COTAS de cada actividade serás as mesmas durante todo o curso, incluíndo os meses de DECEMBRO e XANEIRO.

·        

PARA DEIXAR un curso, por calquera causa xustificada,  avisarase polo menos unha semana antes do inicio do novo mes. Unha vez comece o mes, se non se recibiu o aviso por escrito, pagarase o importe do mes completo.

O pagamento das actividades farase preferentemente cun ingreso no número de conta de Abanca ES42 2080 5087 6230 0007 3953, especificando o nome do neno/a e a actividade, ou ben directamente na oficina da ANPA, a partir do luns 2 de Outubro.

Os que non sexan socios terán un recargo de 5,00 €/mes por actividade extraescolar.

 

As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES para o presente curso 2.019/20 pódense consultar no arquivo adxunto

Distribuir contido