PARA 1º E 2º CRAFTS!

Ola!

Hoxe imos aproveitar que abriron as papelerías para facernos cunhas tizas de cores se non temos na casa. 

O único máis que imos necesitar para esta manualidade é un papel sobre o que traballar (pode ser un periódico ou un folio), sal fino e un tarriño de vidro.

Imos pintar o sal coas tizas, de cor en cor, e ir botándoo no tarro de vidro para crear capas de diferentes cores ata ter o noso frasco decorativo.

Aquí vos deixo o enlace cunha nena moi riquiña que nolo explica moi ben. Apertas!

https://www.youtube.com/watch?v=bzSd1tYCbQQ