MARTES 19

Bo día, que tal vai o RETO desta semana??? supoño que xenial, espero os vosos vídeos.

Xa que estamos co balón, seguimos con el. Propóñovos algúns exercicios, facer os que poidades ou inventar os vosos xogos e enviarme os videos para poder compartilos cos vosos compañeiros.

Pases por parella: coas mans dende detrás da cabeza, cos pes, de espaldas por debaixo das pernas, coa cabeza, pases a distintas alturas...

             

Tamén por parellas, un sentado e o outro de pe, pases coas mans, pero os pases os diriximos un pouco aos lados (cada 10 pases cambiamos as posicións)

Agora tedes que montar unha portería, e facer tiros a portería, cada 10 cambiades os postos (lanzador-portero)