LUNS 18

Ola a tod@s!! que tal a fin de semana, aproveitáchedes o bo tempo que tivemos??

Como parece que vai continuar o bo tempo, todos os que poidades esta semana facedes os exercicios ao aire libre.

O RETO desta semana nolo presenta Sergio Vila de 4º

 

Consiste en darlle toques ao balón cos pes, nocellos, cabeza e peito, sen que caia. Os máis pequenos podedes facelo cun globo ou pelota de espuma.

Practicar toda a semana e logo enviarme o video, foto ou mensaxe ao correo co voso resultado, lembrade que os contidos son avaliables.

 

O segundo exercicio do día consiste en facer un percorrido co balón coma fan Samuel e Claudia.