Skip to Content

PLAMBE- Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

 

O Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares procura incentivar e impulsar o desenvolvemento de proxectos de biblioteca escolar que recollan: 

a) A organización, actualización e dinamización da biblioteca de centro, entendida como un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, en evolución cara a un «centro creativo das aprendizaxes». 

b) O deseño da biblioteca cun enfoque inclusivo, con atención aos espazos, os recursos, as oportunidades e a actitude para unha correcta atención da diversidade. 

c) A incorporación de novas tendencias en materia bibliotecaria: espazos para a creación, a aprendizaxe manipulativa, a investigación, o traballo colaborativo e a construción do coñecemento de xeito compartido. 

d) A súa contribución á mellora dos procesos de ensino e de aprendizaxe e á adquisición das competencias clave do alumnado. 

e) O concepto de alfabetización múltiple (ou multialfabetismo) á hora de abordar a formación lectora do alumnado. 

f) O deseño e o desenvolvemento de programas para a adquisición de competencias informacionais e mediáticas, é dicir, as competencias de uso, tratamento e produción de información nos diferentes soportes e formatos, así como o tratamento das linguaxes dos diferentes medios de comunicación. 

g) A imprescindible integración da cultura impresa e a cultura dixital. 

h) A realización de actividades de formación de usuarios das bibliotecas e os seus re- cursos. 

i) O papel da biblioteca escolar no desenvolvemento do proxecto lector de centro.

j) O fomento da lectura e da escritura. 

MÁIS INFO AQUÍ



page | by Dr. Radut